​Plaxios, manipulacións e parágrafos enteiros copiados en informes de Felipe Macías para a mina de San Finx, denuncia ContraMINAcción

Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame. "Tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente” , denuncia a plataforma. 


|

Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame.


FELIPEMACIAS


O catedrático da USC Felipe Macías


A plataforma ecoloxista ha denunciado as prácticas da empresa concesionaria da mina de San Finx e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de la Xunta, que, segundo os colectivos agrupados na rede, “tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente”.


Desde ContraMINAcción, ademais, denuncian que a administración “debería evitar” os danos causados. A plataforma volve sinalar ao polémico catedrático Felipe Macías, autor de varios informes que negan a contaminación do terreo no complexo mineiro de San Finx (como xa fixese en Touro), ao que cusan de elaborar documentación “repleta de plaxios de traballos doutros autores que se manipulan sen pudor, mesmo parágrafos enteiros copiados sen citación de blogues anónimos”.


Os informes do catedrático, onde explica que os niveis paranormales de metais contaminantes no complexo de Lousame débense a causas naturais, foron utilizados por Anxo Bernardo Tahoces, sempre segundo a plataforma ecoloxista, para defender ante a ONU a viabilidade do complexo mineiro. O Director Xeral de Enerxía e Minas de la Xunta, imputado nun caso de prevaricación ambiental relacionado coa mina de San Finx, apoiouse nos escritos de Macías para negar que existise contaminación na zona.


“A gravidade dos feitos, non só desde o punto de vista da ética científica, senón tamén pola gravidade das implicacións ambientais e penais que supoñería aceptar as teses deitadas por Macías, fai que os colectivos de ContraMINAcción demanden á Universidade de Santiago que retire a condición de profesor emérito a Felipe Macías tras a investigación dos feitos”, pide a plataforma, algo que tamén solicitará á Academia Francesa de Agricultura, da que o catedrático tamén é membro. Ademais, solicita que se revise “a relación contractual coas restantes persoas responsables do informe”.


NOVOS INFORMES

Á súa vez, desde a plataforma anuncian que existen dous informes públicos, solicitados polo Concello de Muros e por Verdegaia, que contradin as afirmacións de Macías e “evidencian os extensos plaxios, carencias absoluta de metodoloxía e graves manipulacións de datos no informe” entregado á empresa concesionaria do Grupo Sacyr.


O geofísico Steven H. Emerman participa no informe, ademais doutros sete técnicos, onde se desmontan os argumentos de Macías sobre a contaminación. Noutro informe, o Doctor en Arqueoloxía e Historia Antiga André Pena, demostra a fraxilidade dos argumentos históricos de Macías e os plaxios realizados.


VERTEDURA NA RÍA DE MUROS-NOIA

Doutra banda, na nota da plataforma ecoloxista, reflicten que en 2017 a empresa concesionaria da mina de San Finx “decidiu recorrer a Macías para tentar dar resposta á marea de alegacións que deron lugar a un intento da minería de verter millóns de metros cúbicos de augas contaminadas no Río San Fins, situada apenas a seis quilómetros augas arriba da Ría de Muros e Noia”. “As alegacións deixaron en evidencia a bura que supoñía o método de ‘tratamento’ inicialmente proposto e como as verteduras provocarían un agravamento crítico da situación de contaminación”, resolve a plataforma. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE