Membros da plataforma ‘ContraMINAcción’ denuncian, xunto a ecoloxistas suecos, as irregularidades presentes no ‘Proxecto Corcel’ da empresa mineira sueca EuroMiembros da plataforma ‘ContraMINAcción’ denuncian, xunto a ecoloxistas suecos, as irregularidades presentes no ‘Proxecto Corcel’ da empresa mineira sueca EuroBattery Minerals.
Anxo Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas de la Xunta de Galicia, declarou ante os medios que non considerou a súa dimisión ao entender que “se están facendo as cousas con plena suxeición á legalidade”. O seu proceso por un delito de prevaricación ambiental na mina de San Fix en Lousame segue aberto, mentres que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu unha nova demanda da plataforma ‘ContraMINAcción’ por “obstaculacion ao acceso de información ambiental”.
As grandes minas ao descuberto non son ningunha solución para o rural, porque destrúen máis emprego do pouco que crean temporalmente e non cumpren as súas promesas de restaurar o medio. Dieciesiéis organizacións críticas contra a minería de España e Portugal unen as súas voces para lanzar unha mensaxe contra a "especulación". Entre elas están tres colectivos galegos: Plataforma veciñal mina Touro e O Pino Non, Plataforma Vida e Ría ou minaría de Lousame e a rede de plataformas Contraminacción de Galicia.
Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame. "Tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente” , denuncia a plataforma.
O director xeral de Enerxía e Minas, imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, foi denunciado por colectivos e organizacións que integran a rede ‘ContraMINAcción’ por “obstaculización ao acceso de información ambiental”.
Ademais, a Asociación Galega de Áridos recibirá outros 25.884,11 euros para a elaboración do segudno número de «Vos áridos, un día na canteira con Lagartiño». O primeiro número, editado fai máis dunha década, foi presentado pola Asociación Galega de Áridos no seu día para "ensinar aos escolares galegos a importancia da extracción de materiais arenosos nos aspectos cotiáns da vida e para o desenvolvemento económico da comunidade autónoma".
O 10% das explotacións mineiras en activo en España, ao redor de 3.600, están en Galicia, que conta con 360 na actualidade, segundo púxose de manifesto no IV Encontro de ContraMINAcción desenvolto en Santiago de Compostela, con colectivos galegos e do resto de España e de Portugal.
A Administración está obrigada a facilitar a un membro de ‘ContraMINAacción’ os documentos que lle denegaron en 2012.
Entregaron no rexistro da Xunta 500 alegacións contra unha actividade da que xa padecen consecuencias.
Distintos colectivos sociais puxeron en común a súa preocupación pola Lei de Fomento Empresarial impulsada pola Xunta e que se tramita pola vía de urxencia.