Veciños de Touro loitan contra o proxecto mega-mineiro que ameaza a súa contorna

Entregaron no rexistro da Xunta 500 alegacións contra unha actividade da que xa padecen consecuencias.


|

AlegacionesminaEntrega de alegacións na Xunta. Foto: contraMINAcción

Unha representación de veciños da localidade de Touro e da plataforma contraMINAcción entregou 500 alegacións no rexistro da Xunta en contra do proxecto da mina de San Rafael, que "ameaza seriamente a habitabilidade" dos municipios deste municipio e do Pino.


Nun comunicado, sinalan que a mina "ameaza con deixar sen auga potable centos de vivendas e granxas e pon en risco directo a vida de máis de 200 persoas".


O colectivo denuncia que o proxecto da sociedade Cobre San Rafael S.L. xerará un impacto "enorme e irreversible" nos recursos hídricos e económicos da zona, sobre todo polas drenaxes acedas que provocaría a actividade mineira, un problema que os veciños "veñen sufrindo" desde hai tempo.


En concreto, aluden a un estudo que analiza estas drenaxes entre 1974 e 1988, detectando alteracións ambientais "críticas".


Así mesmo, sinalan que o estudo elaborado pola propia empresa "recoñece concentracións significativas" de metais pesados, como cadmio, cobalto ou antimonio, entre outros.


Minaxunta


Nas súas alegacións denuncian que a actividade xeraría "un xigantesco vertedoiro" onde buscan acumular máis de 80 millóns de metros cúbicos de residuos, e faríanse dúas balsas de residuos que albergarían 69.000 toneladas de lodos tóxicos.


O colectivo prevé, así mesmo, "a destrución e contaminación de acuíferos" do mesmo xeito que na explotación mineira da zona na década dos 70 dos 80, ademais da súa afección patrimonial, dado que existen diversos muíños que se remontan ao século XVIII ou o 'Camiño Real da Feira do 20', entre outros.


EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS


O as súas alegacións apelan á afectación ao sector agrogandeiro, tanto por unha "insuficiente capacidade" da traída municipal de auga como pola destrución de terreos cultivables.


Ademais, resaltan que algunhas das explotacións da zona teñen un alto número de cabezas de gando, de ata 200, e hai mozos "recentemente incorporados á actividade agraria que realizaron nos útlimos anos constantes investimentos nas súas explotacións para a súa modernización", que quedarían afectados "durante séculos".


relacionada Salvemos Cabana anima a que os cidadáns impulsen as alegacións contra a mina de Touro
relacionada Numerosos colectivos únense contra a que denominan "Lei de Depredación de Galicia"
relacionada Mobilización social contra un proxecto megamineiro na comarca de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE