Mobilización social contra un proxecto megamineiro na comarca de Santiago

Distintos colectivos claman contra a 'resurrección' da explotación de cobre no Pino e Touro.


|

RiominatourolanhasEstado actual dun dos ríos da zona. Foto: En Marea Touro


O alto prezo do cobre, debido á demanda desde Asia, empuxa a 'resucitar' unha explotación de cobre en forma de megamina ao descuberto na comarca de Compostela.


O proxecto presentado pola empresa Cobre San Rafael contempla un complexo mineiro de case 700 hectáreas de extensión en Touro e O Pino, que obrigaría ao desvío de dúas canles fluviais e á creación de numerosos vertedoiros de grandes dimensións.


A plataforma Salvemos Cabana salienta que esta iniciativa lembra "polas súas características e axentes implicados" ao "fracasado proxecto aurífero de Corcoesto". Ademais, manifesta que "pode servir de recordatorio de cales poden ser as consecuencias da aprobación da lei de fomento empresarial que pretende impoñer o Partido Popular".


Pola súa banda, En Marea Touro mostra a súa preocupación polo proxecto de megamina "cando estas localidades levan anos sufrindo as consecuencias negativas de diferentes proxectos extractivos".


"Non resulta verosímil que a promotora prentenda vender un proxecto no que non se restauran previamente os gravísimos problemas ambientais previos", afirman.


Por tanto, como o 'Proxecto Touro' está aínda en fase de alegacións, a formación convocará reunións abertas aos veciños para "facilitar a presentación de alegacións e resolver dúbidas". Tamén Salvemos Cabana presentará alegacións ao estudo de impacto ambiental presentado.


Tamén ADEGA se pronunciou contra a megamina. A organización ecoloxista advirte de que a "letra pequena ou non tan pequena" do proxecto xera dúbidas ambientais. Así, insisten en que "tira para adiante" sen solucionar desastres anteriores que seguen na "paisaxe lunar de explotacións histórincas abandonadas".


ADEGA alerta dos residuos xerados pola minería. Ademais, relata que Atalaia Mining, a empresa accionista, foi sancionada en 2016 pola Junta de Andalucía por incumprir a autorización ambiental nas minas de cobre do Río Tinto.


Informa tamén que se incumpriron as normas de seguridade e os requisitos técnicos na construción dos vertedoiros e superáronse ata 10 veces os valores medios de cobre, zinc e arsénico nas poboacións próximas.


relacionada Salvemos Cabana celebra que Europa avance cara á prohibición total do uso do cianuro en minería
relacionada Lídia Senra denuncia no Parlamento europeo os "efectos nocivos" da "economía azul"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE