A Xunta gasta 68.000€ en pagarlle á patronal mineira propaganda para escolares (vídeo)
Ademais, a Asociación Galega de Áridos recibirá outros 25.884,11 euros para a elaboración do segudno número de «Vos áridos, un día na canteira con Lagartiño». O primeiro número, editado fai máis dunha década, foi presentado pola Asociación Galega de Áridos no seu día para "ensinar aos escolares galegos a importancia da extracción de materiais arenosos nos aspectos cotiáns da vida e para o desenvolvemento económico da comunidade autónoma".
A patronal mineira galega recibirá de la Xunta máis de 43.700 euros para facer propaganda sobre a minería nas escolas e outros 25.000 para un libro infantil. A pesar das protestas de asociacións de pais e doutros colectivos, a Consellería acaba de concederlles estas subvencións.
Captura de pantalla do material que copaga a Xunta
Así se recolle no DOG deste martes. Son en concreto 43.761,12 euros de subvención para a Cámara Oficial Mineira de Galicia a "creación de unidades didácticas sobre minería para nenos".
Ademais, a Asociación Galega de Áridos recibirá outros 25.884,11 euros para a elaboración do segudno número de «Vos áridos, un día na canteira con Lagartiño». O primeiro número, editado fai máis dunha década, foi presentado pola Asociación Galega de Áridos no seu día para "ensinar aos escolares galegos a importancia da extracción de materiais arenosos nos aspectos cotiáns da vida e para o desenvolvemento económico da comunidade autónoma". O novo libro presentouse hai unhas semanas, suscitando protestas de ambientalistas como a Rede Contraminacción.
O secretario xeral Valentín García cos membros da patronal na presentación do libro infantil
Estas subvencións concédense a pesar das protestas de boa parte da comunidade educativa. Por exemplo, a Confederación de ANPAS Galegas acaba de mostrar a súa "profunda preocupación" ante a presentación de "materiais supostamente educativos destinados a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria".
Este grupo de proxenitores acusa o Goberno de axudar a "dulficar os impactos ambientais" de minas como a de Touro, Corcoesto, San Finx, etc.
Polos materiais publicados ata agora, como estes vídeos, é evidente que os contidos subvencionados con diñeiro público só dan unha visión de parte, logicamente interesada; a visión das empresas mineiras, obviando os inherentes riscos para a saúde e o impacto no medio:
Escribe o teu comentario