Ao fío do recurso administrativo, o asunto derivou en parte á vía penal. Nas súas alegacións, Edgewater denunciou que “amigos do presidente [Alberto Núñez Feijóo] chegaron con ofertas de axuda, o que normalmente significa $$ nunha maleta Samsonite”.
A Xustiza apoia a decisión de la Xunta de paralizar a megamina de ouro, aínda que segue aberto o preito por difamación que lle lanzou a Administración á mineira tras acusala de exegir subornos.
Ademais, a Asociación Galega de Áridos recibirá outros 25.884,11 euros para a elaboración do segudno número de «Vos áridos, un día na canteira con Lagartiño». O primeiro número, editado fai máis dunha década, foi presentado pola Asociación Galega de Áridos no seu día para "ensinar aos escolares galegos a importancia da extracción de materiais arenosos nos aspectos cotiáns da vida e para o desenvolvemento económico da comunidade autónoma".
“Acusacións sen fundamento e non tolerables”. Así, con evidente enfado, cualifica a Xunta de Galicia as afirmacións de Edgewater. A mineira á que paralizaron o proxecto de Corcoesto dixo en varias instancias xudiciais que lle pedían subornos -mesmo para o presidente- a cambio de que o Goberno dese luz verde á explotación. A Xunta denunciounos, pero agora sábese que a Xustiza non ve difamación nas acusacións dos canadenses.
A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso de apelación que interpuxo a Xunta contra Edgewater. O goberno denunciara por calumnias á mineira de Corcoesto por afirmar nos xulgados que “tería que pagar 1,5 millóns de euros” para lograr os permisos e que “eses fondos distribuiríanse entre altos cargos da Xunta, incluíndo ao presidente Feijóo e ao Sr. Tahoces [ Bernardo Tahoces, o director xeral a cargo da tramitación do permiso]”.
Ana Pontón reivindica a presión social e política e indica que "o único que pode facer a Xunta" é "denegar os permisos".