Menos investimento do maior fondo soberano do mundo na mineira de Touro

Acaba de publicar os seus datos sobre os seus negocios en España, entre os que está Atalaia Minning. Esta multinacional opera a mina de Río Tinto (Huelva) e está detrás do polémico proxecto para reabrir a mina de Touro - O Pino.Comparecencia do Norges Bank en 2013 | Norges Bank Attribution-NoDerivs 2.0 Generic (CC BY-ND 2.0) O valor dos investimentos de NBIM en Atalaia Minning PLC, é de 6,83 millóns de euros, o que supón unha rebaixa do 39% do valor.


|


O Norges Bank Investment Management (NBIM) é o banco público de Noruega e xestiona o maior fondo público de investimentos. Acaba de publicar os seus datos sobre os seus negocios en España, entre os que está Atalaya Minning. Esta multinacional opera a mina de Río Tinto (Huelva) e está detrás do polémico proxecto para reabrir a mina de Touro - O Pino.


Norgen bank xunta

Comparecencia do Norges Bank en 2013 | Norges Bank Attribution-NoDerivs 2.0 Generic (CC BY-ND 2.0)


O valor dos investimentos de NBIM en Atalaya Minning PLC, é de 6,83 millóns de euros, o que supón unha rebaixa do 39% do valor. Isto pódese explicar  ben por desinversión ou pola caída do valor das accións, cotizadas na bolsa de Londres. 


Dado que o valor das accións de Atalaia Mining aumentou o último exercicio (de 165 libras a  210 libras), pódese deducir que os noruegueses venderon parte das súas participacións na mineira.


Na actualidade, o banco, que xestiona o fondo de pensións de Noruega, controla o 2,13% do capital. Na última xunta de accionistas, votou a favor de todas as propostas da dirección.


A XUNTA, PENDENTE DE DAR VEREDICTO

Tras anos de tramitación, a reapertura de mina de Touro segue no tellado de la Xunta. Os continuos problemas ambientais que xera a actual explotación, co SEPRONA investigando vertidos recentemente, xoga na súa contra. 


Dado o gran rexeitamento xerado en boa parte do tecido social da zona e o apoio que lle prestan os dous alcaldes locais do PP, parece improbable que o Goberno Galego tome unha decisión final antes das eleccións de primavera.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE