"Elementos radioactivos" poderían en perigo á poboación de varios municipios de Ourense de aprobarse unha mina, alertan activistas
ContraMINAcción explica que a nova mina de Avión e Beariz podería implicar a contaminación dos mananciais locais con partículas de cesio e rubidio. A concesión cambiou de donos varias veces recentemente.
Colectivos englobados en ContraMINAcción presentaron alegacións a un proxecto de explotación mineira nos concellos ourensáns de Avión e Beariz (Ourense), onde a plataforma denuncia que "pretenden" outorgarlle a concesión á iniciativa "sen a preceptiva avaliación de impacto ambiental".
Imaxe de recurso dunha drenaxe nunha mina
O proxecto, segundo explica a plataforma a través dunha nota de prensa, "faría parte dun plan moito máis amplo artificiosamente fraccionado para evitar o trámite ambiental".
Por iso, ContraMINAcción
Segundo apunta no comunicado, en xuño de 2018, unha empresa creada o mesmo ano en que adquiriu os permisos de investigación 'Alberta I', solicitou a Minas en Ourense a concesión de explotación deses permisos para unha explotación nas proximidades aos lugares de Doade, Acevedo e Rubillón, en Avión e Beariz.
Ademais, engade que o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), na determinación do alcance do estudo ambiental doutra solicitude de explotación anterior "que comprendía parcialmente o mesmo permiso de investigación, xa alertou sobre os riscos de formación de augas acedas de minas e subsidencia pola proximidade de núcleos habitados, declarando a necesidade de someter o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental".
Así mesmo, menciona á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que, segundo di, "para ese mesmo proxecto solicitou que o estudo ambiental avalíe con detalle e rigor a presenza de torio e outros elementos radioactivos asociados aos minerais (tantalita e casiterita) que se pretenden explotar".
"OBVIAN O RISCO"
Segundo estes colectivos, a xefatura da sección de Avaliación Ambiental "obvia totalmente o risco de produción de augas acedas de minas na necesidade de drenaxe e achique dos máis de 5 quilómetros de galerías cunha profundidade de ata 300 metros baixo terra".
É máis que probable a presenza de elementos radioactivos (como rubidio e cesio) que van extraídos, machucados, depositados en vertedoiros, suxeitos a disolución e inxección nos leitos superficiais contaminando acuíferos e poñendo en risco ao medio e á poboación
Ao seu xuízo, "é máis que probable a presenza de elementos radioactivos (como rubidio e cesio) que van extraídos, machucados, depositados en vertedoiros, suxeitos a disolución e inxección nos leitos superficiais contaminando acuíferos e poñendo en risco ao medio e á poboación (particularmente aos traballadores da mina)".
Subliña, igualmente, que "a lei de avaliación ambiental determina que os proxectos cuxos minados atópense a menos dun quilómetro de núcleos urbanos que poidan inducir riscos por subsidencia (ou afundimento dos terreos) deben ser sometidos á avaliación de impacto ambiental". E "neste caso temos vivendas a menos de 300 metros".
Escribe o teu comentario