16 colectivos veciñais de España e Portugal alertan que as mineiras non cumpren os seus plans de restauración
As grandes minas ao descuberto non son ningunha solución para o rural, porque destrúen máis emprego do pouco que crean temporalmente e non cumpren as súas promesas de restaurar o medio. Dieciesiéis organizacións críticas contra a minería de España e Portugal unen as súas voces para lanzar unha mensaxe contra a "especulación". Entre elas están tres colectivos galegos: Plataforma veciñal mina Touro e O Pino Non, Plataforma Vida e Ría ou minaría de Lousame e a rede de plataformas Contraminacción de Galicia.
As grandes minas ao descuberto non son ningunha solución para o rural, porque destrúen máis emprego do pouco que crean temporalmente e non cumpren as súas promesas de restaurar o medio. Dezaseis organizacións críticas contra a minería de España e Portugal unen as súas voces para lanzar unha mensaxe contra a "especulación". Entre elas están tres colectivos galegos: Plataforma veciñal mina Touro e O Pino Non, Plataforma Vida e Ría ou minaría de Lousame e a rede de plataformas Contraminacción de Galicia.
Pronúncianse ao fío del Día Mundial contra a Minería ao descuberto, que se celebrou este luns. Na súa opinión, este tipo de minas supoñen un intento dunha minoría de empresarios de saltar por encima dos dereitos do conxunto da cidadanía.
Así deixou unha empresa mineira as balsas do Monte Neme, que sufriron unha rotura
PROMESAS DE RESTAURACIÓN QUE A miúdo CAEN EN SACO ROTO
Sobre Touro, lembran que o proxecto para reabir a mina de cobre afecta o Camiño de Santiago e aséntase sobre unha antiga mina que quedou sen restaurar e que a día de hoxe acumula sancións e denuncias por contaminar as augas. Un terreo que está sen restaurar, como sucede en San Fins (Lousame) ou o célebre Monte Neme.
"Non buscan o beneficio dos lugares onde queren instalarse, senón que perseguen o seu propio beneficio" argumentan os colectivos, criticando a "falta concreción nos plans presentados" para restaurar os terreos unha vez finalizada a actividade.
Escribe o teu comentario