As grandes minas ao descuberto non son ningunha solución para o rural, porque destrúen máis emprego do pouco que crean temporalmente e non cumpren as súas promesas de restaurar o medio. Dieciesiéis organizacións críticas contra a minería de España e Portugal unen as súas voces para lanzar unha mensaxe contra a "especulación". Entre elas están tres colectivos galegos: Plataforma veciñal mina Touro e O Pino Non, Plataforma Vida e Ría ou minaría de Lousame e a rede de plataformas Contraminacción de Galicia.