mina de san finx

Pescadores de Noia piden "cordura" á Xunta ante os "riscos" para a ría da vertedura da mina de San Finx

A confraría informou de que os ensaios para o tratamento de augas non lograron controlar os niveis de zinc e outros metais pesados

O Consello de Seguridade Nuclear advirte da posible radiación por uraninita na mina de San Finx, Lousame

O documento vén marcado polo requirimento feito polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN) ao Goberno de Galicia.

A posibilidade de que a mina de San Finx conteña uraninita obriga á Xunta a realizar un estudo radiolóxico


A resposta do catedrático da USC aos ecoloxistas: “Os que protestan queren que os materiais se obteñan onde están os negritos”

O catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Felipe Macías respondeu mediante unha rolda de prensa ás acusacións realizadas polos seus traballos en favor dos proxectos mineiros de Touro e San Finx, despois da publicación de dous informes que evidencian que os documentos elaborados por Macías están “repletos de plaxios de traballos doutros autores que se manipulan sen pudor, mesmo parágrafos enteiros copiados sen citación de blogues anónimos”.

​Plaxios, manipulacións e parágrafos enteiros copiados en informes de Felipe Macías para a mina de San Finx, denuncia ContraMINAcción

Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame. "Tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente” , denuncia a plataforma. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE