A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo estudará as denuncias á Mina de Touro
Ana Miranda, portavoz do BNG na capital belga, celebra que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aborde na súa próxima sesión as denuncias relativas á Mina de Touro e a suposta contaminación do medio que está provocado.
Ana Miranda, portavoz do BNG na capital belga, celebra que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aborde na súa próxima sesión as denuncias relativas á Mina de Touro e a suposta contaminación do medio que está provocado.
A Mina de Touro chega ata o Parlamento Europeo
"É indispensable que o problema se escoite en Europa", proclamou Ana Miranda, quen tamén solicitou a visita dunha delegación oficial a Galicia para investigar e analizar a explotación mineira.
Do mesmo xeito, fai extensible os problemas ecolóxicos e ambientais de Touro a toda a “megaminería contaminante” da comunidade. Para Miranda, a contaminación no caso de Touro é consecuencia “da antiga explotación mineira” pero produto da “ineficacia do goberno galego para poñer fin” ao problema.
AMPLIACIÓN DO PROXECTO
A nacionalista fixo fincapé en que o proxecto de ampliación previsto estenderíase uns 112 quilómetros cadrados, o que repercutiría en pequenas explotacións agrícolas e gandeiras, ademais de sobre ríos e mananciais e meraría o valor paisaxístico da comarca. Tamén chama a atención sobre os efectos que tería sobre o Camiño de Santiago e o ramal do Camiño Francés que transcorre pola zona, algo sobre o que tamén puxo en alerta a UNESCO.
.@anamirandapaz BNG acada que as denuncias sobre a Mina do Touro sexan tratadas na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo @EP_Petitions https://t.co/Be6enJogZE vía @_Contrainfo
— BNG_ParlamentoEuropeo (@BNG_ParlEuropa) October 7, 2019
Por todo isto, a europarlamentaria concluíu que é “prioritaria” a posibilidade de enviar unha
misión oficial da Comisión a Galicia e que esta analice os efectos e consecuencias desta práctica, non só de Touro, senón das verteduras de San Finx e de como estes contaminaron a ría de Muros e Noia
.
Escribe o teu comentario