O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexeitou con contundencia o polémico plan presentado por Donald Trump para a Franxa de Gaza, cuxa execución implicaría a expulsión masiva da poboación palestina do seu territorio. A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, cualificou a proposta como un “delirio de xeopolítica imperialista” e instou á Unión Europea a reaccionar con rapidez e firmeza para evitar o que considera un "desterro" e unha grave violación de dereitos humanos.
Ana Miranda é a candidata do BNG ao Parlamento Europeo e leva canda ela unha longa experiencia no lexislativo de Bruxelas. A día de hoxe, Miranda aposta por un voto de freo fronte o avance da ultradereita europea e para iso quere animar á xente máis nova para dar o seu voto a forzas progresistas. Doutra banda, cre que Galicia non ten voz abondo nas institucións europeas e proba diso son accións como o macroproxecto de Altri, as perdas en agricultura e pesca mais, sobre todo, na instalación de macroparques eólicos en terra e no mar. Quere que en Galicia se apliquen as normas europeas sobre o medioambiente e que os fondos europeos sexan mellor fiscalizados.
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considerou "imprescindible" que Galicia estea incluída no fondo de transición xusta votado este mércores na Eurocámara dentro do Pacto Verde Europeo.
Ana Miranda, portavoz do BNG na capital belga, celebra que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aborde na súa próxima sesión as denuncias relativas á Mina de Touro e a suposta contaminación do medio que está provocado.
Até os rivais políticos adoitan recoñecer o traballo de Ana Miranda (Cuntis, 1971) en Bruxelas a prol dos intereses galegos. A reprimenda da UE a España por non investigar ven o accidente de Angrois é se cadra o exemplo máis coñecido. A eurodeputada do BNG sabe deste recoñecemento e, nesta entrevista en Galiciapress, confía en que sirva para alcanzar a cuarta acta para Agora Repúblicas, e así a acta de deputada fixa para toda a lexislatura. Os detalles do pacto do Bloque con ERC e Bildu, as enquisas e o avance da ultradereita son outros dos temas desta conversa.
Ana Pontón confirmou a candidatura da eurodeputada tras o respaldo "unánime" no Consello Nacional deste sábado.
O comité intercentros da CRTVG documentou "perfectamente exemplos de manipulación" como a sentenza do caso 'Gürtel' ou a mobilización en contra da mina de Touro
Nas procelosas augas da política en Bruxelas, Ana Miranda é unha das voces galegas que mellor navega. Nesta entrevista con Galiciapress, a eurodeputada do Bloque aborda o seu futuro de cara as eleccións do próximo ano, que poden estar marcadas por unha reforma que llo poría moi difícil a todos os nacionalistas. A reforma dos fondos europeos, o Pazo de Meirás e o papel dos novos ministros de Pedro Sánchez son outros temas desta conversa.
Europa, berce de moitos dos dereitos fundamentais, sofre un preocupante retroceso da liberdade de expresión. Esta é a denuncia enarborada esta semana nunha xornada no Parlamento Europeo, coorganizada pola eurodeputada Ana Miranda (BNG) e o seu grupo parlamentario (Os Verdes / Alianza Libre Europea).
A nacionalista formará parte do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea.
O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, denuncia distintas vulneracións legais da Xunta e o Estado.
A Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña considera que cometen "delitos de odio" que están a quedar sen castigo.