​A protesta pola “manipulación” da TVG e a falta de liberdade de expresión chegan a Bruxelas

Europa, berce de moitos dos dereitos fundamentais, sofre un preocupante retroceso da liberdade de expresión. Esta é a denuncia enarborada esta semana nunha xornada no Parlamento Europeo, coorganizada pola eurodeputada Ana Miranda (BNG) e o seu grupo parlamentario (Os Verdes / Alianza Libre Europea).


|

Europa, berce de moitos dos dereitos fundamentais, sofre un preocupante retroceso da liberdade de expresión. Esta é a denuncia enarborada esta semana nunha xornada no Parlamento Europeo, coorganizada pola eurodeputada Ana Miranda (BNG) e o seu grupo parlamentario (Os Verdes / Alianza Libre Europea).


MIRANDA DEFENDE AOS XORNALISTAS


A Bruxelas chegaron testemuños sobre polémicas que afectan tanto a Galicia (a condena de cárcere aos rapeiros -varios galegos- do colectivo  La Insurgencia e a suposta manipulación da CRTVG) como a España (a “lei mordaza” e casos concretos como os dos cantantes Valtonyc e Pablo Hasel).


A anfitrioa, Ana Miranda, reivindicou a “liberdade para Valtonyc” e para o resto de rapeiros condenados. Ante as críticas recibidas nas xornadas pola profesión de xornalista, a eurodeputada do Bloque saíu en defensa dos traballadores porque “ditinguimos entre medios de comunicación e xornalistas, xa que moitos informadores están en condicións precarias”. 



MIRANDA RAPEIROS

Rolda de prensa durante as xornadas sobre "ataques á liberdade de prensa e expresión en Europa"


 PROFESIONAIS DA TVG TAMÉN SE VISTEN DE NEGRO CONTRA A "MANIPULACIÓN"


Os representantes sindicais da TVG denunciaron “uns medios públicos que están ao servizo do goberno”. Fixérono menos de 24 horas antes de que parte do persoal da emisora pública lanzase a campaña #VenresNegroTVG. Algúns presentadores e outros empregados do ente vestíronse onte de negro en pantalla para visibilizar a censura gobernamental, sumándose así a unha protesta semellante en RTVE.



5b08320d1710a tvg

Traballadores da CRTVG pousan de negro na entrada de San Marcos /CUT


José S. Alvite Rueda, José Manuel Cereijo Lemos, Andrea De Francisco Mallo, Jesús Domínguez Lama e Raimundo Méndez García fixeron un repaso pola falta de obxectividade no labor dos informativos da radio e a televisión públicas galegas. Por exemplo, denunciaron que os telexornais durante a última gran vaga de incendios obviaron os testemuños dos galegos que se queixaban da tardía chegada dos servizos de extinción ou atacaban á Xunta.


Como consecuencia deste pobre labor, os cidadáns recorreron sobre todo ás redes sociais para informarse, o que facilitou a propagación de bulos. Os sindicalistas aseguraron que a TVG “non soubo liderar esa necesidade de información”, lembrando que non foi ata as 11 da noite que se empezou cun especial informativo, cando o peor xa pasara.


Os BOLSEIROS REDACTAN As INFORMACIÓNS MÁIS DELICADAS Ao DITADO DOS XEFES


Os representantes dos traballadores relacionan esta “manipulación” coa precariedade laboral dentro do cadro persoal. A pesar das oposicións de hai uns anos, hoxe de San Marcos dependen 647 asalariados fixos e 329 temporais, cunha temporarlidad do 34%, segundo datos de 2017.


Esta precariedade “tradúcese en menor discrepancia cos superiores”, que a aproveitan, por exemplo, para ditar a bolseiros as informacións sobre corrupción que afectan ao PP. Ademais, “toda a web da CRTVG está feita por traballadores en prácticas”.


SUSO DE TORO E ANÍBAL MALVAR


Pola súa banda, o escritor galego Suso de Toro denunciou o suposto control dos gobernos do PP dos principais medios de comunicación privados. Na súa opinión, isto vese no conflito catalán, coa “estigmatización” das reivindicacións independentistas. “Europa non empeza nos Pirineos, porque está entre as repúblicas portuguesa e francesa”, concluíu.


O xornalista coruñés Aníbal Malvar asegurou que “perdemos a batalla da liberdade de expresión” e exemplificouno en que “o 90% da xente en España” non sabe os motivos reais polos que foron condenados rapeirois como os de La Insurgencia. O escritor defendeu que deben ser os propios creadores -incluídos os xornalistas- os que tomen cartas no asunto.


OS RAPEIROS GALEGOS DE LA INSURGENCIA


 Elena López, nai de Saúl, un dos tres rapeiros de Vigo condenados a dous anos de cárcere, defendeu a liberdade dos artistas para serem críticos. A proxenitora prometeu que “ás nais non nos van a calar” e comparou o seu caso co das nais que no seu día loitaron contra os narcos galegos. Elena lembrou que no grupo condenado hai unha rapeira cun fillo pequeno do que pode ser separado para entrar en prisión. López explica o caso do seu fillo neste vídeo:



O malagueño Iván Leszno, un dos 12 rapeiros de La Insurgencia condenados polas súas cancións, denunciou “unha montaxe política en toda regra” pola “condena inquisitorial” ao seu grupo. Leszno aproveitou a tribuna que lle brindou Los Verdes ALE sobre todo para arremeter sen concesións contra as institucións. Primeiro, pediu a disolución do “proxecto imperialista” da UE. A continuación enumerou “os aberrantes crímines do estado fascista español”. “Encarcerlarnos a nós tamén, desafiámosvos, o único que ides facer é adiantar o voso xuízo” concluíu antes de argumentar que “sen liberdades políticas non hai democracia”.


Un dos referentes do rap de ultraesquerda, o rapeiro Pablo Hasel, fixo un chamamento á “presión poular para forzar o retorno” dos exiliados e a liberdade dos “presos antifascistas”. Confirmou a súa vontade de non exiliarse e, no seu caso, “seguir resistindo desde o cárcere”. Preguntado pola prensa, Hasel, marcou distancias entre os rapeiros e a huída de políticos como con Carles Puigdemont.


VALTONYC NON APARECEU EN BRUXELAS

“Por que en España unha persoa pode ir tres anos a prisión polas letras de cancións?" preguntou Ariadna Suari, do grupo de apoio a Valtonyc, o rapeoro balear que  acaba de fuxir de España para evitar o seu ingreso en prisión. A activista comparou o seu caso co do poeta Miguel Hernández, encarcerado polo franquismo durante a guerra, e apelou á “responsabilidade” da UE para que en pleno século XXI repítanse situacións así.


Numerosos medios de comunicación internacionais acudiron en xoves á conferencia. Os rumores sobre a posible chegada de Valtonyc a Bruxelas non se confirmaron. Portavoces do grupo de apoio ao rapeiro mallorquino deixaron claro que fai tres semanas que non saben nada do. Mulay Embarek , visiblemente afectado, denunciou que o e as persoas do grupo de apoio levan dous meses controlados pola Policía.


ATAQUES ENTRE XORNALISTAS
“O proceso soberanista non é máis as que evidencia que en España non podemos falar dunha democracia consolidada” argumentou Beatriz Talegón, xornalista e ex-líder das Mocidades Socialistas nun ataque contra a reforma do Código Penal. A comunicadora lembrou que España está á cola da UE na credibilidade dos seus medios de comunicación, incluída a emisora de televisión pública. Talegón tamén arremeteu contra El Mundo, despois de que un compañeiro dese xornal preguntase aos rapeiros a súa opinión sobre a Audiencia Nacional tras a condena á cúpula da Gürtel.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE