Xa están aquí os incendios forestais

Uns poucos días de bo tempo e volven os incendios forestais a Galicia. Esta semana xa arderon case 80 hectáreas en Guntín e Vila de Cruces, en dous incendios que a Xunta declara extinguidos á primeira hora da mañá do martes.


|

Uns poucos días de bo tempo e volven os incendios forestais a Galicia. Esta semana xa arderon case 80 hectáreas en Guntín e Vila de Cruces, en dous incendios que a Xunta declara extinguidos á primeira hora da mañá do martes.



DcnRrrJW0AAOkdN

Incendio en Vila de Cruces / Brigada de Marroxo Twitter


Así, o incendio de Ferreira de Pallares, en Guntín (Lugo) afectou, segundo o Goberno, a 49,4 hectáreas, 12 de monte arborado e 37,4 de raso.  A Xunta  deu por controlado o lume rexistrado en Guntín sobre as 21,45 horas. O incendio iniciouse ás 15,51 horas na parroquia de Ferreira de Pallares e na súa extinción traballaron dous helicópteros, tres motobombas, seis brigadas e tres axentes.


O de Toiriz en Vila de Cruces queimou unha superficie de 30 hectáreas de monte arborizado. Este lume comezou ás 18,39 horas e pasou gran parte da noite sen control. Nos traballos de extinción participaron polo menos catro helicópteros, catro motobombas, 10 brigadas, unha pa e tres axentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE