A Comisión Europea pon nunha encrucillada ao sector pesqueiro ao non dotalo dunha carteira específica
A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Europa, Ana Miranda, tachou de "gran erro" que a Comisión Europea non inclúa unha carteira específica de pesca.
Ana Miranda na súa intervención
Así o indicou Miranda, a través dun comunicado de prensa, tras coñecer a proposta da recentemente nomeada presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, na que non se contempla este departamento.
"Que non exista unha carteira específica de pesca, senón relacionada unicamente coa cuestión dos océanos pode diluír o peso da pesca e o seu valor social", criticou a portavoz nacionalista.
Unha vergonza ou repartición de carteiras e conridos dá Comisión Europea. https://t.co/Rkw4PS9WDz
— Ana Miranda (@anamirandapaz) 12 de setembro de 2019
Miranda lembrou que "nos anos de existencia da comisión sempre houbo un comisario ou comisaria de pesca", pero asegurou que as competencias deste cargo "fóronse diluíndo coas de medioambiente".
A portavoz do BNG en Europa defendeu que esta actividade "ten un valor incalculable" e que a omisión desta carteira "pode afectar de forma considerable á importancia dos asuntos pesqueiros en Europa e especialmente para o sector galego".
Escribe o teu comentario