Cuarta multa ambiental á empresa que pretende reabrir a mina de Touro

A Xunta propón unha multa e dálle un prazo dun mes para que as augas volvan ao seu leito natural.Esta empresa leva acumuladas varias sancións da Xunta  nos últimos anos, por desvío de caudais sen permiso e por reiterados episodios nos que as balsas da antiga mina de cobre desbordan contaminando os afluentes de Ulla.


|

Explotacións Galegas desviou e anulou un tramo do río Portapego cunha tubaxe sen a correspondente autorización.  Así o ditamina un novo informe de Augas de Galicia, revelado pola colectivo Aldea Viva. A Xunta propón unha multa e dálle un prazo dun mes para que as augas volvan ao seu leito natural.


Esta empresa leva acumuladas varias sancións da Xunta  nos últimos anos, por desvío de caudais sen permiso e por reiterados episodios nos que as balsas da antiga mina de cobre desbordan contaminando os afluentes de Ulla.


Portapego rio mina de touro aldea viva

O río Portagpego, entubado e con evidentes síntomas de contaminación, nunha imaxe de arquivo de Aldea Viva



Episodios sorprendentes para unha compañía que forma parte do macroproyecto da reapertura da mina de cobre de Touro. Explotacións Galegas é da mesma familia propietaria dos terreos. Participa en Cobre San Rafael, a sociedade que constituíron xunto á multinacional Atalaia Minning para tramitar os permisos de reapertura.


Permisos de reapertura que dependen en gran medida dos estudos de impacto ambiental que leva anos estudando o Goberno Gallego. A Xunta está a avalialos ao mesmo tempo que sanciona ao grupo, incapaz de xestionar correctamente a mina abandonada, o que alimenta dúbidas sobre como se xestionará no seu caso unha macromina de cobre.


A asociación denunciante, Aldea Viva, critica a "ridícula" contía da multa proposta. Son 5.161,64 euros por destruír 10 metros de leito do Portapego.


Aldeva Viva lembra ademais que a empresa non pediu permiso á autoridade competente para as obras, a Xunta, senón que recorreu ao Concello, que llo outorgou a pesar de non ser competente. O concello local do PP apoia o proxecto de reapertura.


HISTORIAL DE SANCIÓNS

Para o colectivo, isto demostra que Explotacións Galegas recibe "un trato amable por parte da administración que lle permite seguir actuando á marxe da Lei con total impunidade". De "récord Guinnes" cualifican o seu historial de infraccións.  


Esta é polo menos a cuarta multa que recibe, a mineira por parte de Augas de Galicia. As súas contías son, iso se, irrisorias para unha empresa que conta co soporte do músculo de Atalaia Minning. Entre as catro suman pouco máis de 60.000 euros.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE