A Junta empeza a tramitar de novo a autorización á mineira de Touro anulada pola Xustiza
Balsas mineiras en Río TintoPese ao duro golpe xudicial, deseguido Atalaia relativizó o seu impacto, adiantando que conseguiría unha nova autorización, proceso que agora empeza."Hai unha sentenza do TSJA que di que a AAU é anulable, en ningún caso di que sexa nula, é dicir, que no fondo non hai ningunha ilegalidade; foi porque nun momento determinado non se expuxeron a información pública unha serie de documentos, por tanto é un defecto de forma que é o momento de emendar", declarou a delegada da Xunta andaluza en Huelva, Bela Verán.Mentres tanto, en Galicia a Xunta segue analizando a documentación para reabrir Touro.
Boas noticias para Atalaya Minning, a multinacional que financia a polémica reapertura da mina de cobre de Touro. A Junta de Andalucía acaba de abrir o proceso para darlle unha nova utorización Ambiental Unificada (AAU) para a mina de Riotinto.
O gran xacemento onubense é o único activo que ten funcionando a multinacional. Hai uns meses, a Xustiza ditou que a AAU pola que se reabriu Riotinto era defectuosa porque, como denunciaron os ecoloxistas no xulgado, a Administración non expuxo a comentario público o expediente.
Balsas mineiras en Río Tinto
Pese ao duro golpe xudicial, deseguido Atalaya relativizou o seu impacto, adiantando que conseguiría unha nova autorización, proceso que agora empeza.
"Hai unha sentenza do TSJA que di que a AAU é anulable, en ningún caso di que sexa nula, é dicir, que no fondo non hai ningunha ilegalidade; foi porque nun momento determinado non se expuxeron a información pública unha serie de documentos, por tanto é un defecto de forma que é o momento de emendar", declarou a delegada da Xunta andaluza en Huelva.
Mentres tanto, en Galicia a Xunta segue analizando a documentación para reabrir Touro. Pasadas as eleccións locais, é posible que o veredicto definitivo chegue este verán.
Escribe o teu comentario