O PSOE non se molla contra a mina de Touro porque "supoñería actividade económica"

Rexeitada unha iniciativa do BNG, que advirte do "efecto letal" que tería a reapertura ante un PP que apela a "esperar aos informes"

|

A polémica reapertura mina de Touro volveu a ser debatida no Parlamento, coa maioría do PPdeG apoiándoa, En Marea e Bloque en contra e o PSOE a medio camiño, absténdose


O PSOE valora que a reapertura da explotación mineira en Touro e O Pino (A Coruña) "supoñería actividade económica", aínda que condiciona a eventual autorización de la Xunta ao "cumprimento estrito da lei de minería" en vigor.



Entrega de firmas contra a mina de Touro-O Pino

Veciños contrarios á mina entregando firmas no Parlamento  hai uns meses| EP


Así se pronunciou a deputada Patricia Otero, no debate dunha iniciativa do BNG na comisión de pesca á que presentaron unha emenda. Como non foi aceptada, os socialistas abstivéronse na votación, na que o rexeitamento do PP impediu que saíse adiante.


En concreto, o texto pretendía que a Consellería do Mar solicitase ao Consello ter competencia no coñecemento e autorización do proxecto da empresa Cobre San Rafael, que é a que quere volver extraer cobre en Touro-O Pino.


Respecto diso, Teresa Egerique (PP) insistiu en que o proxecto "haberá que levalo adiante ou non segundo cumpra ou non os requisitos legais", polo que apelou a "esperar aos informes" e defendeu "transparencia total" no procedemento.


Pola súa banda, a nacionalista Montse Prado (BNG)avisou do "efecto letal" que ao seu xuízo tería para as augas e considerou que "está na man de la Xunta denegar ese proxecto, porque ten informes contundentes".


EN MAREA CRITICA A APOSTA "A CURTO"

Otero, por parte do PSOE, reclamou as "máximas garantías" e engadiu que a autorización "supoñería impulso económico" para a zona, pero precisou que debería darse só se hai un "cumprimento estrito da lei de minería" e "esixindo minimizar impacto ambiental e riscos".


En representación de En Marea, Paula Quinteiro reprochou aos socialistas que "o argumento do emprego non vale", xa que, na súa opinión, se se reabre a mina, "tamén destrúes outro emprego", como o vinculado coa actividade agrogandeira, e ademais o que se xeraría sería "a curto prazo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE