A mineira de Touro di que está na "fase final" e empezará a producir en dous anos

En 24 meses meses a mina de Touro debería estar a producir cobre. Esta é a expectativa do seu principal promotor, Atalaia Minning. O CEO da compañía así o declarou nunha feira do sector mineiro organizada en Sevilla.


|

En 24 meses meses a mina de Touro debería estar a producir cobre. Esta é a expectativa do seu principal promotor, Atalaia Minning. O CEO da compañía así o declarou nunha feira do sector mineiro organizada en Sevilla.


"Nosa idea é empezar a producir a finais de 2021", declarou Alberto Lavandeira. O enxeñeiro galego explicou ao portal Interempresas.net  que "levamos un ano e medio en fase de tramitación de impacto ambiental e estamos xa na fase final".


Alberto Lavandeira, á esquerda, nunha sondaxe para reactivar a mina de Touro

Lavandeira, á esquerda, nunha imaxe de arquivo das sondaxes



NA INFORMACIÓN Á BOLSA EVITA DAR PRAZOS

É a primeira vez que Atalaia Minning dá unha data tan concreta para empezar a sacar cobre da mina.  É máis, na información oficial que debe remitir á bolsa de Londres xamais falou de datas. 


Por exemplo, na súa última comunicación, do día 17, limitouse a sinalar que está "respondendo información adicional solicitada por parte das administracións", entre as que cita Augas de Galicia, Medio Ambiente e a Dirección Xeral de minas.


A de Sevilla se trata pois dun declaración significativa, na medida que a día de hoxe a Xunta nin concedeu o permiso nin o Gobienro deu ningunha pista sobre o seu apoio ao proxecto -ao contrario do que sucedeu por exemplo en Corcoesto.


MÁIS DUN ANO NAS PAVÍAS

De feito, o Executivo advertiu fai catorce meses que a documentación presentada por Cobre San Rafael (a sociedade instrumental que comparte Atalaia cos seus socios galegos) non era suficiente.  Desde entón, Cobre San Rafael presentou novos informes. 


A tardanza do Goberno en resolver desatou as suspicacias dos críticos coa explotación. Tamén a oposición pediulle en reiteradas ocasións a Alberto Nuñez Feijóoo que resolva dunha vez pechando a porta ao proxecto Touro.


Durante a recente MMH Mining and Minerals Hall 2019, Lavandeira cifrou en 30.000 toneladas de "cobre/metal" que esperan sacar cada ano dos terreos de Touro - O Pino.  Hai que lembrar que o proxecto tamén contempla a extración de 2,1 millóns de onzas de prata, un metal precioso cuxa extración é moito máis complicada medioambientalmente.


A posible contaminación con metais das augas é precisamente un dos argumentos dos críticos. Outro das súas principais razóns é a afectación ao Camiño de Santiago. Un comité de expertos da UNESCO advertiu que a súa proximidade ás vías xacobeas pode poñer en perigo a declaración de Patrimonio da Humanidade. Ante isto, e dada a fortísima aposta da Xunta polo Xacobeo 2021, unha das razóns do atraso da Administración para resolver podería ser, precisamente, esperar que pase a cita xacobea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE