Veciños piden ao alcalde que denuncie a TEN, empresa relacionada coa mina de Touro, por malos cheiros
O socio galego de esa proxecto é a empresa local Explotacións Galegas a través de Cobre San Rafael. Os veciños, que teñen en marcha unha petición en Change.org, aseguran que Explotacións Galegas ten o 15% de TEN. O certo é que unha das súas administradoras mancomunadas, Eva Gómez Portela, é tamén administradora de Cobre San Rafael e Explotacións Galegas, pois é parte da familia que controla os terreos.
Varios anos de loita levan os veciños de Loxo, en Touro, contra os "malos cheiros" que din provoca a planta de Tratamento Ecolóxicos do Noroeste. A mobilización continuou este venres cunha reunión na que participaron centos de persoas, segundo os organizadores, e o alcalde Ignacio Codesido (PP).
Os afectados reclaman que sexa o seu concello quen denuncie a situación na Xustiza e diante doutras administracións. Unha escalada porque cren que a empresa non gasta "nin un euro" en paliar o impacto do a planta a pesar de "queixas continuas" dos veciños, cansados de "boas palabras e notas de prensa".
Reunión de veciños co alcalde de Touro
Nun comunicado, a plataforma veciñal advirte que chegarán a "onde sexa necesario" para que a compañía deixe de "rirse de nós". Ademais de pedirlle ao alcalde que denuncie e poña unha pancarta no concellos, poñerán eles mesmos pancartar reivindicativas.
QUEN É TRATAMENTOS ECOLÓXICOS DO NOROESTE?
TEN SL é a empresa que trata os residuos da mina de Touro-O Pino (A Coruña) e outras industrias. Labor pola que recibiu premios, algo que indigna aos veciños molestos polos cheiros.
A empresa está situada en terreos da antiga mina, foco da polémica local debido ao proxecto de reactivación da explotación de cobre. O socio galego de esa proxecto é a empresa local Explotacións Galegas a través de Cobre San Rafael.
Os veciños, que teñen en marcha unha petición en Change.org, aseguran que Explotacións Galegas ten o 15% de TEN. O certo é que unha das súas administradoras mancomunadas, Eva Gómez Portela, é tamén administradora de Cobre San Rafael e Explotacións Galegas, pois é parte da familia que controla os terreos.
Escribe o teu comentario