O alumnado da USC, comprometido cos conflitos ambientais do país

|

A Facultade de Ciencias da Educción acolle este martes 7 de maio a primeira edición destas xornadas.


Contaminacion rio mina touro


A conservación e defensa do medioambiente é un dos principais retos aos que se enfronta a sociedade actual, aínda que desgraciadamente non se están dando pasos para logralo. Por iso, o alumnado de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade, do grao de Educación Social e Pedagoxía da USC deu un paso á fronte e tomou a iniciativa de organizar a primeira edición das ‘Xornadas sobre conflitos ambientais en Galicia’, onde tratarán algúns dos conflitos ecolóxicos máis importantes da comunidade autónoma.


A xornada terá lugar o vindeiro martes 7 de maio a partir das 16 horas na Facultade de Ciencias da Educación, no Salón de Acto do módulo C.


O evento contará coa presenza de representantes de diversas plataformas que expoñerán a súa loita contra os conflitos ambientais que azoutan varias localidades galegas. Así, integrantes de plataformas contra vertedoiro de Casalonga, como a plataforma ‘Salvemos Catasós’, ou contra o proxecto mineiro de Touro, como a ‘Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino NON’, así como a ‘Plataforma Auga Limpa Xa’, expoñerán algunhas das problemáticas ambientais máis controvertidas do país.


WhatsApp Image 2019 05 06 at 12.15.07


A xornada concluirá coa proxección do documental ‘Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terras limpas’, do director Xosé Antón Bocixa Rei, que estará presente no acto para un posterior coloquio cos asistentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress