As actividades, especialmente pensadas para pequenos de 0 a 6 anos, desenvolveranse desde as 12:00 ata as 19:00 horas.
En declaracións a Galiciapress, a Mesa pola Normalización Lingüística, dá o seu apoio á reforma legal que promoven Podemos e Esquerda Unida para facer oficial o asturiano e o que esa reforma chama "galego-asturiano". A maior das asociacións culturais de Galicia entende que é un "paso adiante" para aumentar a protección do galego en Asturias.
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este xoves que a empresa de telefonía móbil 'Mais Móbil' "nega" a atención en galego, catalán e eúscaro
Na véspera do Día da Patria tivo lugar a presentación do Manifesto "O Cinema Heroico Galego", respaldado por máis de 150 personalidades da cultura galega e impulsado pola Mesa Pola Normalización Lingüística
Milgaros Otero está no disparadeIro. O PPdeG evita apoiala tras probar a Xustiza que enchufó á irmá de Pedro Puy Fraga. Agora, a Mesa pola Normalización acúsaa de "retorcer a legalidade" ao seu antollo.
A Lei obriga á Administración Xeral do Estado con base en Galicia a relacionarse no idioma oficial que o interesado elixa. Con todo, tarefas como presentar a declaración do IRPF ou pedir información telefónica en galego á Axencia Tributaria convértense a miúdo nunha utopía.
Pola súa banda, o autor do libro, Nacho Carretero, mostrouse "moi contento" e "aliviado" pola decisión. "Celebramos a volta á normalidade", resaltou.
En concreto, a Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "a exclusión do galego" no Festival do Viño da Ribeira Sacra organizado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos.
A máis coñecida das casas editoriais de cadernos de exercicios lanza os seus primeiros produtos en galego.E faino cunha colección ‘Vacacións Galego’ en resposta ao, di, demanda de incremento de material escolar neste idioma por parte de profesores, pais e nais.
Galiciapress entrevista ao secretario xeral de Política Lingústica na véspera do Día das Letras. Valentín García defende a "normalidade asombrosa" da convivencia co castelán e critica as visións alarmistas e o uso do idioma nas polémicas políticas. Recoñece que cómpre tomar medidas para reverter a perda de falantes entre os mozos. A práctica lingüística de Ciudadanos e as axudas aos medios de comunicación son outros dos temas desta conversa.
Como cada 17 de maio as rúas de Santiago volverán encher de miles de defensores da lingua propia. A plataforma Queremos Galego presenta as mobilizacións deste ano contra o "o 155 de facto".
Queremos Galego acaba de convocar a manifestación do Día das Letras Galegas. En conversa con Galiciapress, Marcos Maceira critica á Xunta por manter unha "guerra fría" contra o idioma. Ademais, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística fala da mobilización, da situación da nosa lingua e das propostas da organización para que se respecten os dereitos lingüísticos.
Con tres categorías principais e cinco secundarias, a iniciativa, que persegue promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotutoriales, repartiu un total de 5.500 euros ás gañadoras.
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á manifestación que terá lugar en Oviedo o sábado 21 de abril pola oficialidade do asturiano e o galego en Asturias.
Buscaban criticar e visibilizar o que a Mesa pola Normalización Lingüística considerou toda unha agresión lingüística cara á cidadá galega Adela Figueroa.
O Departamento de Lingua de Santiago presentoulles aos directores as súas actividades de normalización.