Denuncian a exclusión do galego en festivais a pesar de estar subvencionados con diñeiro público
En concreto, a Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "a exclusión do galego" no Festival do Viño da Ribeira Sacra organizado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos.
A maior das asociacións en defensa da lingua galega carga contra os festivais que, subvencionados con diñeiro público, eluden o idioma propio do país. En concreto, a Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "a exclusión do galego" no Festival do Viño da Ribeira Sacra organizado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos.
Marcos Maceira, presidente da Mesa
Un evento que, segundo figura na súa cartelería, conta con subvención da Xunta de Galicia e as Deputacións de Lugo e Ourense pero no que "case totalidade das comunicacións están en castelán".
Desde a Mesa lémbranlle ás administracións a súa obrigación legal de promocionar o idioma naqueles ámbitos onde non se adoita usar, como é o mundo do viño. A Mesa pola Normalización Lingüística promete escribir aos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos para "animalos a estender o uso do galego na documentación, redes sociais, publicidade, actas, reunións...".
Escribe o teu comentario