Ao aceite de oliva identifícaselle co Mediterráneo e o sur da Península. Con todo, houbo unha época en que as oliveiras poboaron áreas máis ou menos extensas en Galicia. Elaborados até non fai moito con métodos herdados dos romanos, hoxe en día algúns empresarios e cooperativistas apostaron por unha nova época para o aceite de oliva galego
Tras 'Alvorada', Peitoescuro publica a segunda parte desta triloxía audiovisual que promete concluirá a finais de verán con 'Pas dás pedras'.
O viño tinto está a ter dificultades en todo o mundo. Os motivos aínda non están claros mais as hipóteses apuntan a cambios no tipo de consumidor -as mulleres teñen cada vez máis peso-, modas, o cambio climático e mesmo a pandemia. Esta última foi unha das responsables da acumulación de tintos en numerosas adegas de todo o sector, incluídas as galegas. Falamos con representantes da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Unións Agrarias en Ourense sobre esta tendencia.
Teenage Fanclub, unha das bandas escocesas máis respectadas, chegará á Ribeira Sacra para presentar o seu último traballo, ‘Endless Arcade’, un disco no que volven convivir as melodías radiantes do indie pop con algunha entrega xa ocasional aos punteos do indie-rock aos que nos teñen afeitos. Pola súa banda, Lola Marsh, o dúo israelí formado pola vocalista Yael Shoshana Cohen e o multiinstrumentista Gil Landau, presentarán o seu pop épico e exultante folk global, con toques que lembran a The Lumineers e Arcade Fire, pero tamén a Phoenix e Chvrches, e mesmo a Sufjan Stevens. Así mesmo, Maika Makovski poñerá o ritmo e o rock’n’roll ao festival co seu último directo.
17º Ribeira Sacra Festival | Foto: @17ribeirasacra Pendentes de que o alivio das restricións sanitarias, acompañado dunha melloría epidemiolóxica, permitan ampliar os aforos, desde o Ribeira Sacra Festival traballan incansablemente para ultimar os preparativos da cita, programada para os días 16, 17 e 18 de xullo.
Esta nova edición, marcada polas recomendacións pautadas polas autoridades sanitarias, celebrarase do 11 ao 12 de xullo no Espazo Quinta Sacra e o “Cinema Palleiriso” e do 8 ao 9 de agosto en tres localizacións: a Adega Vía Romana, no Lugar Pincelo e no Parque Eloisa Rivadulla de Chantada.
A segunda das catas, na que se repetirá o encontro entre viños de ambas as zonas vinícolas do sur de Europa, será o mesmo venres ás 19PM, unha vez finalizada a segunda mesa redonda do día, que versará sobre ‘Turismo e Patrimonio’.A xornada conclúe coa presentación da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Por que non hai tumbas castrexas? A pesar da enorme cantidade de asentamentos pre-romanos, en Galicia a penas atopáronse ósos desa época ou doutros períodos prehistóricos. A composición do terreo galego, pouco proclive á conservación de restos orgánicos, impulsou este misterio arqueolóxico, que pode empezar a ser desvelado grazas a o descubrimento dunha tumba nunha roca da Ribeira Sacra.
A empresa Seaga tallou unha serie de árbores que se atopaban en bo estado e que non supoñían un risco para a seguridade viaria na estrada OU-536, segundo denuncia a plataforma ‘Amigos dá Terra’.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra marcou o 25 de setembro como data recomendada par o inicio xeneralizado da vendima
En concreto, a Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "a exclusión do galego" no Festival do Viño da Ribeira Sacra organizado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos.
Ademais de viño, as visitantes poderán gozar de espazos de gastronomía, artesanía, obradoiros, turismo e música.
Cal é o viño galego que máis interese suscita na prensa? Un estudo analiza en detalle a relación entre medios e sector vitivinícola.
A recollida acaba en Galicia cunha subida do 2% total, a pesar de que catro DO sofren os efectos de xeadas e sarabia.