Os viños galegos baten o seu récord de interese mediático
Cal é o viño galego que máis interese suscita na prensa? Un estudo analiza en detalle a relación entre medios e sector vitivinícola.
Cal é o viño galego que máis interese suscita na prensa? Un estudo analiza en detalle a relación entre medios e sector vitivinícola.
O 12,25% de todas as informacións que os medios de España publicaron en 2017 sobre o sector do viño corresponden a noticias e comentarios referidos aos consellos reguladores, ás adegas e ás marcas e anadas adscritas ás cinco denominacións de viño de Galicia, porcentaxe que supera nun 0,61% a cota media de presenza mediática alcanzada por estas dúas no período 2012-2016.
Tres denominacións, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras, incrementaron a súa notoriedade mediática en 2017 respecto á media alcanzada no citado quinquenio; mentres que Ribeiro e Monterrei baixaron moi lixeiramente, segundo o informe anual que elabora o consultora Castro Galiana, especializada na comunicación do viño.
A DO Rías Baixas obtivo o pasado ano un 6,86% do total de informacións publicada do sector do viño e consolídase como a cuarta denominación máis notoria de España, por detrás de Rioxa, Ribeira do Douro e Cava, dun total de 119 zonas de elaboración.
Ribeira Sacra ocupou a décima posición do ránking, cun 2,18%; Ribeiro a 14, cun 1,57%, Valdeorras a 18, cun 1,12% e Monterrei a 34, cun 0,52%.
Das 1.732 adegas de toda España que apareceron nos medios o pasado ano, seis adegas galegas situáronse entre as que alcanzaron unha alta penetración en medios, 26 adegas unha penetración boa, 52 unha penetración media, 57 unha penetración baixa e 76 unha penetración moi baixa.
Das 331 marcas e anadas galegas con presenza en medios, 137 foron de adegas asociadas á DO Rías Baixas, 81 a Ribeira Sacra, 55 a Ribeiro, 38 a Valdeorras e 20 a Monterrei.
O pasado novembro o fundador da consultora, Rodolfo Castro Galiana, publicou un libro titulado A comunicación do viño, que pretende contribuír a que as adegas fortalezan ou emprendan as máis adecuadas políticas de comunicación.
Escribe o teu comentario