(VIDEOCLIP) Peitoescuro prepara o seu esperado debut co adianto de 'Metamorfose'
Tras 'Alvorada', Peitoescuro publica a segunda parte desta triloxía audiovisual que promete concluirá a finais de verán con 'Pas dás pedras'.
A expectación é máxima na escena galega, porque algo grande está a puntiño de pasar. No Saviñao foron os primeiros en decatar grazas ao avance que uns poucos afortunados puideron descubrir na I Edición do Festival Independente de Cine e Arte na Aldea (FICA!), que serviu como trampolín para que Peitoescuro presente en primicia 'Metamorfose', o último adianto do álbum debut desta formación que promete irromper con forza na música galega.
A METADE DO CAMIÑO
O encargado de pór ao público tras a pista de 'Semente na fenda', título da estrea de Peitoescuro, foi Rubén Gutiérrez, que capitaneou a proxección dos dous primeiros traballos audiovisuais da banda, que tamén ofreceu un directo para os asistentes.
'Metamorfose' é o ecuador da triloxía audiovisual deste proxecto que arrincou con 'Alvorada' e que aos poucos vai confeccionando unha estética coa que ir tomando o pulso á interesante composición que, nesta ocasión, correu a cargo da dirección de Álex Baena en escenarios da Ribeira Sacra e a Serra do Courel, dotando á peza dunha aura de "natureza misteriosa e potente", o que supón á súa vez un salto con respecto ao primeiro capítulo nunha evolución, afirma Gutiérrez, "cara a lugares aínda máis suxestivos".
"A canción é unha alegación en defensa pola vida rural", defende, considerando que querían lograr que "os elementos naturais que rodean ás aldeas cobrasen vida". Desta forma, penetrámonos dentro deste proxecto apadriñado por Iago Pico, produtor compostelá coñecido polo seu vínculo con Tanxugueiras e que encabeza a produción musical de 'Semente na fenda', que se atopa ultimando os detalles dun lanzamento polo que teremos que esperar até finais de 2025, non agarrei para 'Pan dás pedras', a terceira e última peza deste avance que promete estar lista para finais de verán.
Escribe o teu comentario