A vendima da D.O. Ribeira Sacra debe empezar o 25 de setembro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra marcou o 25 de setembro como data recomendada par o inicio xeneralizado da vendima


|

Vendima Ribeira Sacra


O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra marcou o 25 de setembro como data recomendada par o inicio xeneralizado da vendima, "prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro". Así informou este mércores nun comunicado, despois de realizar diversos controis para determinar o prazo.


Os controis de maduración das viñas comezaron o 27 de agosto, informa a Denominación, e ademais de permitir determinar o estado da uva axudaron a determinar a data oficial para o inicio da actividade en 2018. 


A pesar das condicións climáticas que marcaron este ano, desde o Consello Regulador predín unha colleita que rolde os seis millóns de quilos e que sexa "dunha calidade excelente". Prevén tamén que nesta campaña 95 adegas elaboren os seus viños baixo a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Oito delas xa están a realizar os labores de vendima, e recolleron case 20.000 quilos de uvas, a maioría (8.056 kg) de variedade mencía, seguida de albariño (6.261 kg), e godello (4.122 kg).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE