A IV Edición do Sacra Festival adáptase á nova normalidade sen renunciar ao baile, a música ou a gastronomía
Esta nova edición, marcada polas recomendacións pautadas polas autoridades sanitarias, celebrarase do 11 ao 12 de xullo no Espazo Quinta Sacra e o “Cinema Palleiriso” e do 8 ao 9 de agosto en tres localizacións: a Adega Vía Romana, no Lugar Pincelo e no Parque Eloisa Rivadulla de Chantada.
Esta nova edición, marcada polas recomendacións pautadas polas autoridades sanitarias, celebrarase do 11 ao 12 de xullo no Espazo Quinta Sacra e o “Cinema Palleiriso” e do 8 ao 9 de agosto en tres localizacións: a Adega Vía Romana, no Lugar Pincelo e no Parque Eloisa Rivadulla de Chantada.
O evento contará coa actuación da Compañía 5S | Foto: www.compania5s.com
Sen deixar de lado as características do festival pero seguindo os protocolos que marca a nova normalidade. Así decidiron os organizadores do evento celebrar esta nova edición do programa Sacra Festival. Un dos elementos do festival, que mestura o teatro, a música, o baile, a gastronomía, talleres e outras disciplinas, é a súa celebración en contornas privilexiadas, sempre en harmonía co medioambiente.
A celebración arrinca o próximo 11 de xullo coa gastronomía e a música como protagonistas. A comida local e unha degustación de viño da Ribeira Sacra darán paso ao concerto de Silvia Penide, a danza de Carlota Pérez e Jordi Cortés e con clausúraa dunha sesión de música electrónica. Xa para o domingo 12 a xornada virará ao redor dun encontro de vídeo danza nun cinema construído dentro dunha palleira: o coñecido como Cinema Palleiriso.
En agosto o festival regresará con ánimos renovados coa intervención teatral dos recoñecidos actores María Vázquez e Víctor Duplá, cunha peza creada especificamente para o festival. Isto só será a antesala da estrea mundial da peza de Danza Inclusiva ‘Límites’ da compañía ‘ExperimentaDanza’, coa colaboración con Human Dance Project, organismo dirixido por Carlota Pérez, e con música en directo dos innovadores Laura lamontagne e pico Amperio, ambas as actuacións na Adega Vía Romana. O grupo As Antonias pechará a xornada cunha actuación durante unha cata-maridaxe cargo de Roberto Regal no Lugar de Pincelo.
Como colofón, o festival botará a cortina ata o ano que vén no parque Eloísa Ribadulla coas actuacións de Anxo Moure, da ‘Escola de Danza e Música de Chantada’ e co espectáculo ‘Construíndo Soños’ da Compañía 5S.
Escribe o teu comentario