Encontro enólogo internacional en Regina Viarum que impulsa a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A segunda das catas, na que se repetirá o encontro entre viños de ambas as zonas vinícolas do sur de Europa, será o mesmo venres ás 19PM, unha vez finalizada a segunda mesa redonda do día, que versará sobre ‘Turismo e Patrimonio’.A xornada conclúe coa presentación da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.


|

Os mellores viños da Ribeira Sacra dialogarán este venres e este sábado con outros procedentes das zonas vitivinícolas de Bordeus (Francia) e Douro (Portugal). Os viños degustaranse, e poderán compararse, dentro das actividades do ‘Foro Territorios Patrimonio’, que este ano se celebra por primeira vez nas instalacións das Adegas Regina Viarum en Sober (Lugo). Trátase dunha das actividades que forman parte da programación do 17º Festival Ribeira Sacra.


Vendima en Ribeira Sacra

Vendima heroica na Ribeira Sacra


‘Bordeus meets Ribeira Sacra’. Ese é o título da cata comparativa entre os mellores viños do val do Sil e outros viños procedentes da afamada rexión viticultora francesa. Baixo ese suxestivo título –en castelán, ‘Bordeus atópase coa Ribeira Sacra’-, a enóloga francesa Blandine Philibert dirixirá a cata comparativa, a primeira das 3 que se celebrarán nas Adegas Regina Viarum este venres e este sábado, 19 e 20 de xullo.

Os viños degustaranse, e poderán compararse, dentro das actividades do ‘Foro Territorios Patrimonio’, que este ano se celebra por primeira vez nas instalacións de Regina Viarum en Sober. Trátase dunha das actividades que forman parte da programación do 17º Festival Ribeira Sacra.


Na súa primeira edición, o ‘Foro Territorios Patrimonio’ será un gran punto de encontro entre territorios produtores de viño. Celebraranse dúas mesas redondas e tres catas.


PROGRAMA

A mesa redonda inaugural denomínase ‘Territorios Vinícolas, a riqueza natural do viño’. Terá lugar o venres 19 a partir das 12M e nela participan representantes dos sectores turísticos e vitivinícolas de Bordeus, Galicia e Portugal.


A continuación, o mesmo venres á 1PM, chegará a cata comparativa entre viños da Ribeira Sacra e de Bordeus. Será a primeira das dúas que se celebran o venres 19 en Regina Viarum. A segunda das catas, na que se repetirá o encontro entre viños de ambas as zonas vinícolas do sur de Europa, será o mesmo venres ás 19PM, unha vez finalizada a segunda mesa redonda do día, que versará sobre ‘Turismo e Patrimonio’.


A xornada conclúe coa presentación da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Será ás 20PM e terá como colofón un concerto do cantautor catalán Enric Montefusco.


Xa o sábado, o Foro chega ao seu segundo e último día cunha cata na que se degustarán viños de Regina Viarum, unha das adegas máis premiadas internacionalmente da Ribeira Sacra, e outros procedentes da Denominación de Orixe Douro, de Portugal. Dirixirana a enóloga portuguesa Lisete Osorio e un enólogo de Regina Viarum.


As xornadas ‘Foro Territorios Patrimonio’ teñen como obxectivo enxalzar a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Celébranse, ademais, desde o mesmo corazón da zona, as Adegas Regina Viarum, un balcón ao río Sil que ademais é símbolo da Viticultura Heroica. A actividade ten como obxectivo resaltar especialmente as calidades da viticultura na Ribeira Sacra, así como dos seus viños. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE