Leite Noso, Construcións Alvite González e Evaristo Rodríguez premiadas pola súa aposta polo galego

As empresas Leite Noso e Construcións Alvite González, e o que fose presidente da Cámara de Comercio de Santiago Evaristo Rodríguez Carracedo, foron recoñecidos polos Premios Manuel Beiras, de utilización do galego, no seu XIX edición.

|

As empresas Leite Noso e Construcións Alvite González, e o que fora presidente da Cámara de Comercio de Santiago Evaristo Rodríguez Carracedo, foron recoñecidos polos Premios Manuel Beiras, polo seu uso do galego, no seu XIX edición.


Fallo premio Manuel Beiras


En concreto, Leite Noso recibe o Premio Manuel Beiras na categoría de nova incorporación ao galego. A distinción está relacionada coa marca comercial 'Deleite', a primeira etiquetada integramente en galego e que, tal e como destaca o xurado, coloca este idioma "na mesa de milleiros de fogares cada día". 'Deleite', continúa, demostra que o galego "é o vehículo idóneo para presentar o principal produto" do sector agrogandeiro da comunidade.


Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, o galardón será para Construcións Alvite González, "por apostar por unha comunicación coidada, coherente e respectuosa" con esta lingua, "facéndoa visible nun ámbito de actividade económica onde habitualmente escóndese para os usos formalizados".

Por último, o xurado acordou conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Evaristo Rodríguez Carracedo, avogado compostelán que "como vicepresidente da Cámara de Comercio, foi un dos alicerces sobre os que se crearon estes galardóns e cuxo impulso e apoio foi fundamental para que superasen a maioría de idade". Segundo o xurado, Rodríguez Carracedo "foi a voz da conciencia lingüística que cada ano lembrou a importancia do compromiso empresarial coa lingua e a necesidade de converter en feitos as palabras de apoio".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE