A Mesa apoia a reforma do Estatuto de Asturias para facer oficial o galego

En declaracións a Galiciapress, a Mesa pola Normalización Lingüística, dá o seu apoio á reforma legal que promoven Podemos e Esquerda Unida para facer oficial o asturiano e o que esa reforma chama "galego-asturiano". A maior das asociacións culturais de Galicia entende que é un "paso adiante" para aumentar a protección do galego en Asturias. 


|

En declaracións a Galiciapress, a Mesa pola Normalización Lingüística, dá o seu apoio á reforma legal que promoven Podemos e Esquerda Unida para facer oficial o asturiano e o que esa reforma chama "galego-asturiano".  A maior das asociacións culturais de Galicia entende que é un "paso adiante" para aumentar a protección do galego en Asturias. 



Marcos maceiras


GALEGO OU GALEGO-ASTURIANO?

Marcos Maceiras argumenta que "nós e todos os científicos consideramos que o que alí se fala é galego, unha variente chamada galego oriental, pero tan galego á fin e ao cabo como o de Santiago ou o da Costa da Morte". O debate sobre que lingua é a que se fala realmente na zona de Navia-Eo vén de antigo e enfrontou no pasado a expertos das dúas beiras. Con todo, Maceiras considera que neste momento "non hai dúbida algunha" entre a comunidade filolóxica. 


Desde a Mesa comprométese o apoio á proposta de reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias -que acaba de iniciar o seu trámite no Congreso- porque, entre outros motivos, permitirá que o galego goce da protección que outorga a Carta Europea das Linguas.


Maceiras anima a todos os partidos a apoiar a reforma porque "desde un punto de vista democrático e progresista en pleno século 21 non se pode manter a discriminación dunha persoa por razóns de lingua". 


Así, lembra que o galego ata agora carecía de calquera protección legal en Asturias, mentres que en Castela e León si se recoñece a obrigación de protexelo nas zonas do Bierzo e Sanabria onde se fala, aínda que a miúdo isto queda en algo puramente "simbólico". En Castela León o galego non ten status de cooficial, coma si propón esta reforma para o "galego-asturiano".


O presidente da Mesa lembra que a postura da principal asociación a favor do idioma propio de Galicia sempre foi a favor da oficialidade e por iso acudiron o ano pasado á manifestación que se celebro en Oviedo a favor do aumento de status dos dous idiomas.


MODIFICACIÓN DO ESTATUTO DE ASTURIAS

A reforma rexistrada contempla unha modificación do artigo 4 do Estatuto de Autonomía. "O asturiano e o castelán son linguas oficiais de Asturias. O galego-asturiano é tamén oficial no seu ámbito territorial e nas relacións da cidadanía coa Administración Autonómica. Unha lei da Xunta Xeral establecerá o réxime de uso e aplicación nas distintas administracións, tanto do asturiano como do galego-asturiano", propoñen.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE