Marcos Maceiras

A Mesa, outro colectivo que critica a nova lei da Xunta para a CRTVG

A oferta audiovisual na lingua propia do país non chega ao 2% en campos como os programas infantís, a pesar disto, o anteproxecto abre a porta para que a empresa pública produza tamén en español.

Informe preliminar da ONU critica a discriminación do galego na Xustiza
A Mesa pola Normalización Lingüística trasladou á Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos as "vulneracións" dos "dereitos lingüísticos dos galegos" na educación, xustiza, administración ou consumo, "promovidos" ou "consentidos" polo Estado e a Xunta.
A Mesa apoia a reforma do Estatuto de Asturias para facer oficial o galego

En declaracións a Galiciapress, a Mesa pola Normalización Lingüística, dá o seu apoio á reforma legal que promoven Podemos e Esquerda Unida para facer oficial o asturiano e o que esa reforma chama "galego-asturiano". A maior das asociacións culturais de Galicia entende que é un "paso adiante" para aumentar a protección do galego en Asturias. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE