Estará listo Angeliño contra a AC Milan? A Roma espera ao galego para asaltar o liderado da Serie A

O de Coristanco leva un mes apartado do verde por unha bronquite. O ano pasado foi peza crave para Ranieri e este ano era un fixo para Gasperini.


|

Angeliu00f1o as roma
Angeliño | Foto: AS Roma

 

Afeitos ver que os futbolistas se caen das convocatorias por lesións que van desde sobrecargas muculares até o tan temido ligamento anterior cruzado, ás veces sorprende ver que as ausencias se deben a enfermidades comúns, como arrefriados ou gastrointeritis. Peor o tivo o galego Angeliño, fóra dos plans da AS Roma durante máis dun mes por unha gripe que derivou nunha bronquite augada que o deixou K.O. nun tramo da tempada crucial para o cadro da capital, que se xoga o liderado e que espera como auga de maio o regreso do carrilero de Coristanco.

 

 

UNHA BRONQUITE PERIGOSA

Angeliño creceu moitísimo desde que hai case dous anos arribase á cidade eterna procedente do RB Leipzig. Tras unha cesión frustrada ao Galatasaray, o lateral desembarcou en Roma co propósito de recuperar a súa mellor versión, esa que lle fixo explotar en Alemaña e ser considerado un dos mellores na súa posición da Bundesliga. Neste tempo acumulou máis de 70 presenza cos romanos, pero este ano só puido xogar cinco partidos.

 

 

Angeliño, que aínda non debutou en Europa League, suma cinco partidos da Serie A en a súa folla de servizo, sendo sempre titular. O ano pasado non se perdeu nin un só partido do calcio, nin tampouco de Copa. Só en Europa foi suplente nunha ocasión, ante a Braga. Ranieri concedeulle todos os galóns ao galego, como xa fixera Daniele de Rossi, e Gasperini fixo o propio, ata que apareceu a enfermidade.

 

 

 

En principio a Roma informou que era unha gripe, pero o parte médico torceuse e derivou nunha bronquite. Isto fixo que o período de recuperación fose maior, pois os pulmóns do defensor víronse sensiblemente afectados. A súa última presenza foi na vitoria ante o Verona, jungando unha hora. Despois perdeuse os choques contra Fiorentina, Inte, Sassuolo e Parma, ademais da cita europea ante o Viktoria Plzen. 

 

Angeliu00f1o roma
Angeliño | Foto: AS Roma

 

Agora, no Olímpico esperan poder contar de novo co lateral zurdo nas próximas xornadas. A máis inmediata é a visita a San Siro contra unha AC Milan en horas baixas pero que axexa ao cadro giallorosso, líder empatado a puntos co Nápoles, que ten por diante tamén un fin de semana complicado ao xogar contra o Como, a gran sensación de Italia. Para manter o pulso cos sicilianos, en Roma necesitarán de toda a axuda posible, e con Angeliño vestido de novo de curto as opcións crecen exponencialmente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE