Intervidos 15 quilos de marihuana e cocaína nun golpe ao narcotráfico con detencións en Vigo e Nigrán

A trama tiña capacidade para distribuír uns 50 quilos de droga ao mes.


|

Droga, dinero y otros efectos intervenidos tras la detención de un grupo criminal que operaba en Vigo y Nigrán.
Foto: EP


Tres membros dun grupo criminal, entre eles o xefe, dedicados ao tráfico de drogas, foron detidos nas últimas horas na Operación Zafiro, desenvolvida por axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo, que se saldou coa intervención de case 15 quilos de sustancias estupefacientes (cocaína e marihuana), diñeiro en efectivo, e tres vehículos de alta gama.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse hai meses, ao ter a Policía coñecemento da existencia dunha trama criminal dedicada a distribuír drogas en distinto puntos de Galicia e do Norte de Portugal.
 


As pescudas permitiron coñecer o modus operandi do grupo. Así, unha vez que se abastecían das sustancias estupefacientes, distribuían paquetes de cocaína e marihuana polo noroeste peninsular, e ás veces eran os propios clientes os que acudían a comprar.

O xefe do grupo era o que organizaba os transportes da droga, contando cun vehículo para levar oculta a mercadoría e outro como lanzadeira conducido por el mesmo. Ademais, no momento final da entrega, o líder utilizaba como transporte un patinete, que usaba para circular sen espertar sospeitas e para eludir a posible presenza policial.

A Policía cre que este grupo criminal tiña capacidade para distribuír uns 50 quilos de droga cada mes.

 

 

TRANSPORTE DE COCAÍNA INTERCEPTADO

O operativo policial 'explotou' este xoves, xa que os investigadores constataron que se estaban realizando diversos preparativos para facer un deses transportes de droga. Deste xeito, interceptaron ao condutor do coche, que levaba ocultos no vehículo tres quilos de cocaína.

Pouco despois, procedeuse á detención dos outros dous membros do grupo, entre eles o líder da trama. Así mesmo, levaron a cabo dous rexistros, un nunha nave industrial de Vigo e outro nun domicilio de Nigrán.
 


Na vivenda de Nigrán a Policía atopou 5.000 euros en efectivo e unha máquina de contar de diñeiro, así como un dos vehículos do grupo criminal. Na nave de Vigo localizouse un quilo de cocaína e máis de 10 quilos de marihuana preparada para consumir, así como diversos efectos para a pesada e envasado da droga, e outros 2.000 euros en efectivo.

A previsión é que os detidos pasen este sábado a disposición xudicial, aínda que a operación continúa aberta e non se descartan novos arrestos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE