Manifestación para que o galego sexa oficial en Asturias
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á manifestación que terá lugar en Oviedo o sábado 21 de abril pola oficialidade do asturiano e o galego en Asturias.
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á manifestación que terá lugar en Oviedo o sábado 21 de abril pola oficialidade do asturiano e o galego en Asturias. A mobilización está convocada pola Xunta pola Defesa da Llingua Asturiana co apoio da Plataforma pola Oficialidá do Galego-Asturiano.
Desde A Mesa piden ao Estado español, á Xunta de Galicia e ao goberno de Asturias o cumprimento da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias, que recolle a aplicación de acordos co obxectivo "de favorecer os contactos entre os falantes da mesma lingua nos estados afectados, nos dominios da cultura, ensino, información, formación profesional e educación permanente".
Así mesmo, lembran ás administracións que ao asinar dita carta as partes comprométense a "facilita e/ou promover a cooperación a través das fronteiras, principalmente entre colectividades rexionais ou locais no territorio das cales se fala a mesma lingua de maneira idéntica ou próxima".
Escribe o teu comentario