A Mesa: “A Valedora actúa como a curmá de Zumosol do PP”
Milgaros Otero está no disparadeIro. O PPdeG evita apoiala tras probar a Xustiza que enchufó á irmá de Pedro Puy Fraga. Agora, a Mesa pola Normalización acúsaa de "retorcer a legalidade" ao seu antollo.
Milgaros Otero está no disparadeIro. O PPdeG evita apoiala tras probar a Xustiza que enchufó á irmá de Pedro Puy Fraga. Agora, a Mesa pola Normalización acúsaa de "retorcer a legalidade" ao seu antollo.
QUEIXA SOBRE UNHA APP DE SANTIAGO
Faino porque a Valedora do Pobo rexeita tramitar unha queixa. A Mesa denunciou ante ela que o galego está ausente dunha aplicación da concesionaria do Concello de Santiago para o aparcadoiro. Otero di que non vai tramitar a queixa porque "multiplica a carga de traballo das administracións", segundo a versión dos denunciantes.
O presidente da asociación pro-galego, Marcos Maceira, di que non é a primeira vez que Otero se lava as mans nos temas que non o interesa. Por exemplo, cando protestaron porque a Axencia Tributaria non facilita todos os trámites na lingua propia. A Valedora non atendeu a queixa na que tomou cartas no asunto o Defensor do Pobo desde Madrid.
Así as cousas, Maceira pide a dimisión dunha mandataria que "actúa como a irmá de zumosol do PP e retorce a legalidade ata chegar a conclusións prefixadas".
O PPDEG NON A APOIA EXPLICITAMENTE
Un duro ataque a unha Valedora moi cuestionada que, empuxada polo presidente da Xunta, comparacerá a petición propia no Parlamento de Galicia. Está por ver se o PPdeG ofrece unha presa facil á oposición e déixaa caer finalmente ou se lle convencen as explicacións.
Tanto Otero como a funcionaria enchufada, irmá do portavoz do PPdeG na Cámara, negan as irregularidades que se constatou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Escribe o teu comentario