Recepción de honra ao ascendido Obradoiro, campións de Primeira FEB

O cadro compostelán, que regresa á ACB, foi recibido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.


|

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda,  recibe en la mañana de este lunes a los jugadores y al equipo directivo del Monbus Obradoiro tras confirmarse el pasado viernes su ascenso a la liga ACB.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  recibe na mañá deste luns aos xogadores e ao equipo directivo do Monbus Obradoiro tras confirmar o pasado venres o seu ascenso á liga ACB.

 

Foi un longo peregrinar polo deserto, pero o Obradoiro CAB chegou por fin ao oasis. Os composteláns certificaron o venres nun Multiusos Fontes do Sar cheo até a bandeira o seu regreso á ACB pola vía rápida, gañando na segunda división do baloncesto nacional e regresando á elite tras só dous cursos na categoría de prata. Santiago segue de festa e esta mañá foron as autoridades as que felicitaron aos campións. 

 

 

"GALICIA CALIDADE"

Foi l presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o que encabezou a delegación do Goberno de Galicia xunto ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Os mandatarios trasladaron ao persoal do club compostelán a súa felicitación polo gran concurso nesta tempada do equipo coa esperanza de que poidan prorrogar esta boa serie en ACB.

 

O de hoxe non foi o único acto dos composteláns, xa que, como é habitual, o equipo estivo na Catedral na tradicional ofrenda ao apóstolo Santiago, colocándolle a bufanda ao santo nun día que, a pesar da choiva, congregou por centos de persoas o pasado sábado na Praza do Obradoiro para ver aos xogadores e á copa de campións. 

 


"En básquet tamén somos Galicia Calidade", declarón un exultante Alfonso Rueda, que abundou en que o traballo non está feito: o ano que vén máis nunha ACB na que aspira haxa "unha presenza galega moi potente".

 

Obradoiro Rueda
Roda felicitando aos xogadores do Obradoiro

 

UNHA ACB...CON TRES GALEGOS?

Isto vai tanto pola Obra como polo Breogán, que este ano logrou a permanencia sen apuros, consolidándo aos lucenses como uns habituais da primeira liña do básquet nacional. A gran tarefa tena o Básquet Coruña, xa que os laranxas foron os grandes prexudicados do temporadón da Obra, xa que as dúas vitorias dos santiagueses no enfrontamento directo cos herculinos foron determinantes para que fose a Obra o que ascendese de maneira directa, a pesar de compartir ambos os un rércord de 28 vitorias e só catro derrotas.

 

 

O Básquet Coruña viaxa agora sen rede. Nos playoff polo ascenso ten que gañar, en primeiro lugar, ao Menorca nunha eliminatoria ao mellor de cinco partidos en formato 2-2-1 (os coruñeses, como segundos clasificados, teñen o factor cancha a favor). 

 

ASCENSO ACB
Camiño do Básquet Coruña á ACB | Fonte: FEB.é

 

Palencia - Fuenlabrada (o gañador deste cruzamento enfrontarase en semis ao gañador do A Coruña - Menorca), Estudantes - Alacante e Gipuzkoa - Oviedo son os outros choques desta carreira pola promoción. O premio é o billete dourado de regreso á ACB, algo que en Riazor celebrarían por segunda vez en tres anos.  

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE