O galego anega youtube e o Teatro Colón da Coruña na gala de Youtubeir@s (VÍDEOS)

Con tres categorías principais e cinco secundarias, a iniciativa, que persegue promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotutoriales, repartiu un total de 5.500 euros ás gañadoras.


|

O pasado venres 20 de abril o teatro Colón da Coruña acolleu a gala de premios Youtubeiros e Youtubeiras. Con tres categorías principais e cinco secundarias, a iniciativa, que persegue promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotutoriales, repartiu un total de 5.500 euros ás gañadoras. 


O proxecto recolle todo tipo de vídeos, desde "que opinas das bolsas de férula de pataca, pasando por un videotutorial de como facer o nó da gravata, ata como amplificar o sinal do Wi-fi cunha lata", como contan na súa páxina, recollidos en tres seccións: Vídeo-Facermos, Vídeo-Opinarmos e Canle.




As Cousas do Choio é a canle de Juan O Choio, o protagonista que nos ensina como levar a cabo accións cotiás como "dar cartos ás agachadas" ás netas, "entender a xuventude", ou "pasar da fama". "Como escaquearse dunha comida familiar" foi o vídeo premiado na categoría Vídeo-Facermos



"Do porto da Coruña partiu hai xa máis de 200 anos a primeira expedición humanitaria para levar a vacina a diferentes partes do mundo, a real expedición filantrópica da vacina. Nela viaxaría a primeira muller enfermeira da historia, a nosa ordesa Isabel Zendal, sen cuxa axuda o éxito e a expedición podería cambiar". Xacobo de Toro Cacharrón é a canle detrás do vídeo gañadora da categoría Vídeo-Opinarmos.



Nubes Baixo Ti foi gañadora na categoría Canle, unha conta que reúne tutoriales sobre fotografía, cociña, maquillaxe... así como vídeos de viaxes, recomendacións e experiencias.




"Os cazapantasmas vídeo-facermos", de Moustache Medla Producións foi vencedor na categoría Creatividade, mentres que en Eficiencia Creativa "O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)" de Aquel-e levou o galardón. Na categoría Calidade Técnica triunfou "VIAXAR", de Aarón Vilariño Figueiras, e "Reivindicación oceánica", de Xosé Iglesias, consiguió o premio de Calidade Lingüística. Por último, o público ortorgou o seu galardón a través da categoría Proposta Youtubeira ao xa premiado canle As Cousas do Choio, por "Como dar cartos ás agachadas".


A iniciativa está organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove;  polas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e a Deputación da Coruña.


relacionada Periga o acceso aberto a internet?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE