Un videoclip para que os máis pequenos aprendan a ser meteorólogos (VÍDEO)
A plataforma ‘A Mesa pola normalización ligüistica’ estrea o videoclip ‘Ou tempo meteorolóxico’, con ilustracións de Miguel Robeldo e música de Magín Blanco.
A plataforma ‘A Mesa pola normalización ligüistica’ estrea o videoclip ‘O tempo meteorolóxico’, con ilustracións de Miguel Robeldo e música de Magín Blanco.
Viruxe, folerpa, solleiro, orballo, xeada, bretema…Se algo sabemos en Galicia é do tempo e para definilo podemos recorrer a infinidade de palabras, que agora están ao alcance dos máis pequenos que poden aprendelas de forma cómoda e divertida. A plataforma ‘A Mesa pola normalización ligüistica’ estrea o videoclip ‘O tempo meteorolóxico’, coas ilustracións do autor de cómics e diversas obras Miguel Robledo, e coa voz do autor da canción Magín Blanco, un dos creadores máis coñecidos do panorama galego no referido ao público familiar e que xa participou outras veces coa plataforma.
O videoclip acompaña o libro ilustrado homónimo que pretende ensinar aos nenos e nenas a identificar os fenómenos meteorolóxicos. É, xunto con ‘O Abecedario’, ‘As aves’ e ‘Os peixes e outra fauna mariña’, parte do proxecto didáctico da plataforma centrada nos máis pequenos, dos 0 aos 6 anos. Todos os libros pódense atopar na web da Mesa.
“A Mesa quere contribuír con estas publicacións para suplir a escaseza de mateirales didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, ante a gran cantidade de recursos que si existen en castelán e inglés”, afirma a plataforma, que lamenta a escasa implicación da Xunta respecto diso.
Escribe o teu comentario