MasMóvil "nega" a atención en galego, catalán e eúscaro, denuncia A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este xoves que a empresa de telefonía móbil 'Mais Móbil' "nega" a atención en galego, catalán e eúscaro


|

Marcos maceiras

Marcos Maceira, presidente da Mesa


A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este xoves que a empresa de telefonía móbil 'Mais Móbil' "nega" a atención en galego, catalán e eúscaro.


A entidade tivo acceso a unha gravación na que a empresa realiza unha promoción a un posible cliente en Galicia e na que "lle nega atención en lingua galega e acláralle que tampouco a realizará noutras linguas como catalán ou eúscaro".


Segundo explicaron nun comunicado, o cidadán recibiu a chamada o 28 de agosto e decidiu enviar a gravación á 'Liña do Galego,' servizo gratuíto que ofrece esta entidade para denunciar a vulneración de dereitos. Desde A Mesa tramitarase unha queixa, non só ante empresa, senón que tamén se remitirá o caso á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á valedora do Pobo, para que "tomen cartas no asunto".


A negativa desta empresa para atender en galego aos clientes e posibles clientes, vulneraría a Lei 1/2010, relativa aos servizos no mercado interior, na que se establece o respecto pola lei de normalización lingüística e a promoción do uso oral e escrito do galego.


Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira "este é un exemplo máis da debilidade da lexislación que ampara o uso do galego e da necesidade de que se aprobou a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico", que impulsou A Mesa co aval de 28.000 persoas e varias entidades.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE