Dépor

Ao Deportivo atáscaselle a operación saída, non hai ofertas

Presentado xa Bakkali, Tino Fernández, fiel ao seu estilo, afirma que non hai ningunha oferta por ningún xogador.

Bakkali pasa recoñecemento médico co Depor este martes

Despois das probas, o futbolista ten prevista a firma do seu novo contrato para oficializar a súa incorporación ás ordes de Pepe Mel.

O Dépor reforza a banda esquerda con Bakkali, cedido polo Valencia

Sexta incorporación branquiazul para a próxima campaña. Gerard Valentín fala por primeira vez: "Todo o mundo fala marabillas".

Lux regresa á Coruña para despedirse: "Ensináronme cousas moi importantes"

O porteiro agradeceu a todo o deportivismo o agarimo recibido. "O Deportivo é como nosa familia", afirmou.

O Dépor anuncia a fichaxe de Gerard Valentín, do Nàstic

Outro que parece preto de regresar é Carles Gil, se as negociacións entre o xogador, o club herculino e o Aston Villa terminan en acordo.

Álex Bergantiños sae cedido ao Sporting de Xixón

O capitán, experto en ascensos, reforzará o club asturiano na pelexa por volver a Primeira.

Oito adestramentos e seis amigables para non perder o tempo

O Dépor aumenta o ritmo da pretemporada. Os únicos descansos serán o mércores pola tarde e o domingo.

Laure despídese entre bágoas: "É un ata logo"

O capitán foi incapaz de ler un comunicado que escribira, emocionado polas 10 tempadas que formou parte do Dépor.

O Depor presenta as novas camisetas para a tempada 2017-18

Mar, Faro e Porto son os nomes das camisetas, máis mariñas que nunca, tal e como di o lema da presentación: "Somos xente mariñeira".

Fede Valverde pasa recoñecemento médico e Orio Riera vaise

O mediocentro é o primeiro reforzo do Dépor esta campaña e chega cedido do Real Madrid. Ao dianteiro catalán quedáballe un ano de contrato.

O West Bromwich será o primeiro rival do Dépor no Teresa Herrera

O conxunto inglés terminou décimo este ano na Premier. No torneo feminino enfrontarase ao Athletic Club.

O Dépor anuncia unha xira de oito partidos de pretemporada en Galicia

Os xogadores regresan ao traballo o 5 de xullo e xogarán o seu primeiro amigable do verán só unha semana máis tarde.

Lucas Pérez, en venda, pero inalcanzable para o Dépor

O prezo que o Arsenal puxo ao dianteiro coruñés varre as esperanzas de volver velo de branquiazul o próximo ano.

Antiviolencia multa o Depor por decimonovena vez polas pancartas dos 'Blues'

No último partido de liga ante Las Palmas, o club permitiu como é habitual que o grupo radical, que marchou á media hora de xogo, mostrase as súas pancartas.

Lucas Pérez ten todos os boletos para saír do Arsenal no verán

O xogador coruñés quere minutos que seguirá sen darlle Arsène Wenger e o club británico non poñerá trabas á súa saída.

O gardameta do Fabril será o que exerza como terceiro porteiro do Dépor

O ascenso do filial facilita a confección da escadra branquiazul para a próxima campaña, empezando desde atrás.

Tino Fernández: "Se non melloramos o tope salarial volveremos quedar de 16"

O presidente fai balance da tempada e fixa como meta que os resultados superen ás limitacións económicas, como fixeron Eibar e Alavés.

Os socios máis fieis do Dépor recibirán o recoñecemento do club

O 15 de xuño entregaranse as Insignias de Ouro e de Prata que corresponden a aqueles seguidores que levan 50 e 25 anos apoiando ao equipo.

O Dépor despídese da tempada cunha vitoria cómoda na casa

(3-0). Esta vez foron os coruñeses os que se adiantaron nada máis comezar o encontro. O equipo ten mes e medio de vacacións.

Pepe Mel confirma que seguirá no banco do Dépor a próxima tempada

O adestrador despexa as dúbidas sobre a súa continuidade. "Non vin aquí para estar dous meses e medio", sentenza con rotundidade.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE