Laure despídese entre bágoas: "É un ata logo"
O capitán foi incapaz de ler un comunicado que escribira, emocionado polas 10 tempadas que formou parte do Dépor.
Laure dixo adeus visiblemente emocionado. //Fonte: RC Deportivo
Laure Sanabria despediuse do Dépor en Abegondo tras 10 tempadas vestindo a camiseta branquiazul e moitos recordos.
Estivo acompañado polos conselleiros Dani Ramos e Quique Calvete; o director deportivo Richard Barral; o delegado Juan Ángel Barros Botana; e os futbolistas Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Alejandro Arribas e Fernando Navarro.
Entre bágoas, tentou ler un comunicado, aínda que non foi capaz. A duras penas puido responder as preguntas dos medios de comunicación: "A miña idea é un ata logo. Estou moi agradecido ao Deportivo en todo. Deume a oportunidade, confiou sempre en min. Vou mepreparar para estar aquí e tratar sempre de achegar desde fóra", apunta.
Desvelou o lateral madrileño que o seu novo equipo será o Alcorcón, ao que chega empuxado tamén por circunstancias familiares: "Como sabedes meu pai tivo un accidente. A miña mellor opción era ir a Madrid, estar xunto á miña familia, co meu pai, cos meus irmáns". "Encima o Alcorcón apostou forte por min, confiou moito en min. Estou moi agradecido á aposta do Alcorcón", engade.
A pesar de que marcha, seguirá ao Deportivo como un deportivista máis: "Seguramente fagamos un equipo ilusionante. Que consigamos esa unión que fai forte ao Deportivo. Espero que este ano entre todos vaia moito mellor".
Este é o comunicado que máis tarde colgou a web do club (en castelán):
Escribe o teu comentario