Fede Valverde pasa recoñecemento médico e Orio Riera vaise

O mediocentro é o primeiro reforzo do Dépor esta campaña e chega cedido do Real Madrid. Ao dianteiro catalán quedáballe un ano de contrato.


|

FedevalverdedeporFede Valverde, pasando o recoñecemento médico. //Fonte: RC Deportivo


Federico Valverde superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e converteuse no primeiro reforzo do RC Deportivo para a Tempada 2017-2018, tal e como informa a entidade branquiazul na súa web.


O mediocentro uruguaio, cedido esta campaña polo Real Madrid, manifestou aos medios de comunicación, no propio centro hospitalario coruñés, que a súa chegada ao Dépor "é un reto moi grande. Estou moi feliz desta nova etapa. Hai que aprender moito".


Asegurou que este salto a Primeira División "é o primeiro paso importante na miña vida e vouno a aproveitar ao máximo". Fede Valverde cre que pode achegar ao equipo "gañas, actitude, que iso non se di aquí, senón que hai que demostralo na cancha. Vou axudar ao equipo co máximo que teño".


Non lle asusta a competencia no centro do campo branquiazul: "Desde pequeniño competín en Peñarol. Vou estar con bos xogadores que os vía pola tele hai un ano. Téñoos agora de preto, vou contar coa súa axuda. Vou competir con eles dunha boa forma".


Admite ter falado con ex xogadores uruguaios que pasaron polo Dépor, como Walter Pandiani: "Contáronme cousas lindas e tomeino como axuda para vir a este Club".


Este mércores, Fede Valverde poñerase ás ordes de Pepe Mel na Cidade Deportiva de Abegondo, no primeiro día de traballo do Deportivo.


ORIOL RIERA, RESCINDIDO


O Real Club Deportivo rescindiu esta tarde o contrato do dianteiro branquiazul Oriol Riera. O ariete catalán, que aínda tiña un ano máis de contrato co Club, pode desde este momento asinar por calquera conxunto.


O Real Club Deportivo queira agradecer sinceramente a Oriol a súa achega, dedicación, esforzo e predisposición co equipo e o Club durante toda a súa etapa como xogador do Dépor, desexándolle a mellor das sortes no seu próximo destino profesional.

relacionada Pablo Insua ficha polo Schalke 04

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE