Pablo Insua ficha polo Schalke 04
O central galego formado no Dépor pasou as dúas últimas tempadas como cedido no Leganés, co que logrou o ascenso.
O Deportivo da Coruña chegou a un acordo co club alemán, o Schalke 04, para traspasar ao central galego, Pablo Insua, que xogará na liga alemá durante o próximas catro tempadas.
O futbolista pasou o recoñecemento médico co Schalke a principios de semana e comprometeuse co club alemán ata 2022.
Aínda que ningunha das entidades fixo oficial a cifra do traspaso, este situaríase ao redor dos 3 millóns de euros, o 25% dos cales irán parar directamente a Facenda despois de que este mesmo xoves quedase resolto o convenio singular co Fisco tras abonarlle 43 millóns de euros.
Insua, que se formou no Deportivo, co que debutou en Primeira División e tivo continuidade en Segunda, militou as dúas últimas tempadas cedido no Leganés, co que logrou o ascenso á máxima categoría.
O míster do Schalke, Domenico Tedesco, falou do central como un xogador "tácticamente ben preparado, que actúa con rapidez e ten boa anticipación", segundo recolle a web do Schalke, que tamén facilitou declaracións do xogador.
Escribe o teu comentario