Fútbol

Empate do Lugo (0-0) que frea a súa escalada na clasificación

O conxunto de Yago Igrexas suma o seu cuarto partido sen coñecer a derrota e mantén o cadeado na súa portaría, pero a falta de pegada fóra de casa lastra as súas aspiracións de zona nobre. Iker Piedra foi clave para selar o empate ante o Unionistas.

O Racing de Ferrol cae ante a Celta Fortuna

Un erro de xestión táctica con superioridade numérica e un gol encaixado a balón parado deixan aos ferroláns cun amargo resaibo e sen a cabeza da táboa

O empate do Depor-ABANCA mostra a madurez competitiva do equipo

O encontro arrincou costa arriba para as de Fran Alonso, que se viron superadas na posesión e replegadas no seu campo

A vitoria segue sendo esquiva co Celta

Empate entre o Celta de Vigo e a Real Sociedade (1-1) cun Balaídos varrido pola choiva

Vitoria con suor do Racing de Ferrol ante o Osasuna B

O triunfo devolve aos de Pablo López á zona alta da clasificación, empatados coa Celta Fortuna e só por detrás do sólido líder Tenerife

O empate do Dépor co Almería mantén aos coruñeses invictos

O Deportivo da Coruña e a UD Almería asinaron as táboas (1-1) no Estadio de Riazor nun intenso encontro correspondente á Xornada 8 de LaLiga HyperMotion. Un gol de Bonini adiantou ao conxunto andaluz, pero un tanto de Yeremay Hernández rescatou un valioso punto para os branquiazuis, que manteñen así a súa condición de invictos no inicio da tempada.
 

O Depor Abanca leva un empate sen sabor

O partido da liga F feminina entre Depor Abanca e FC Badalona Women celebrado o 30 de agosto de 2025 en Riazor terminou cun empate sen goles (0-0), nun encontro marcado pola falta de ritmo e emoción, onde a igualdade foi a nota dominante.

O Racing de Ferrol volve contar con Pablo López no banco para unha nova etapa

Coa pretemporada en marcha, o Racing de Ferrol, baixo a dirección de Pablo López, prepárase para deixar atrás o descenso e construír un futuro prometedor na Primeira Federación.

Escotet (Abanca), dono do Deportivo da Coruña, compra o FC Penafiel de Portugal

O FC Penafiel é un club histórico do fútbol portugués, fundado en 1951 na localidade homónima situada no val do Douro. A súa adquisición pode implicar que o Deportivo dispoña dun club onde formar talentos novos.

'O galo' Lamine Yamal reina no curral para mandar a España á final da Nations League (5-4)

Nun partido tolo onde España sufriu até o último minuto a pesar de pór 5-1 no marcador, un dobrete de Lamine Yamal, con gol desde os once metros e un remate desde a dereita, permiten a 'A Vermella' clasificar para a súa terceira final da Nations League, onde defende o cordón.

O CD Lugo vístese de romanos e castrexos nas súas novas camisetas para conmemorar o Arde Lucus

O conxunto lucense vén de presentar os seus novos equipamentos que conmemoran ao Arde Lucus.

Chegou o día: España e Inglaterra na gran final da Eurocopa

O estadio Olímpico de Berlín será o escenario do partido, que se disputa ao nove da noite

España de cabeza a semis! Merino no 120 afunde a Alemaña

Un gol do centrocampista txuri urdin dá o pase a 'La Roja', que gañou por 2-1 en Stuttgart. España viuse condicionada desde moi pronto pola dureza dos alemáns, máis concretamente polo tempo que tardou Kroos en enviar a Pedri ás duchas, que tivo que pedir o cambio cando só descontaban cinco minutos do primeiro tempo

O Girona volve vencer ao Barça e xa é equipo de Champions! (4-2)

Os xerundenses culminan unha tempada que sairá nas enciclopedias do fútbol

(VÍDEO) Así conta Merino como viviu a súa hat-trick como racinguista: "A intuición que che dá nese momento..."

O futbolista do Racing de Ferrol, hérore da xornada ao protagonizar a remontada ao Albacete, conta desde dentro como se cociñaron os seus tres goles.

O Deportivo vence 1-2 ao Barça Atlètic nos últimos minutos do xogo

O encontro estivo marcado por unha serie de cartóns amarelos e cambios tácticos por parte de ambos os equipos, aínda que o equipo galego soubo manter con forza até o final

Equivocouse o Celta fichando a Rafa Benítez?

A traxectoria do adestrador en Vigo deixa moito que desexar e algunhas voces xa o sinalan como responsable da mala serie do equipo. Sen solucións no banco e cunha metodoloxía afastada do que estaba afeito na Premier, a continuidade do madrileño queda en dúbida. 

(VÍDEO) Batalla campal entre afeccionados do CD Lugo e Ponferradina antes do último Derbi dous Ancares en Segunda?

Antes do partido entre lucenses e bercianos, radicais dos dous equipos enfrontáronse no centro da cidade amurallada. 

Que galegos caben na lista de Luis de la Fuente? Brais, Veiga, Bajcetic e Borja Iglesias teñen moitas opcións

O seleccionador nacional traballa na confección da súa primeira lista, que se dará a coñecer nas próximas semanas antes dos partidos de finais de marzo contra Noruega e Escocia. 

 

A morte de 'O Rei': Pelé falece aos 82 anos vítima dun cancro

O lendario xogador de futbol brasileiro Pelé faleceu aos 82 anos. O xogador levaba mais dun mes ingresado no hospital tratar un cancro de colon e finalmente non conseguiu superar a enfermidade.  


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE