Lucas Pérez ten todos os boletos para saír do Arsenal no verán

O xogador coruñés quere minutos que seguirá sen darlle Arsène Wenger e o club británico non poñerá trabas á súa saída.


|

Lucasperezdepor



O futuro de Lucas Pérez parece que estará a próxima tempada lonxe do Arsenal. Segundo Coruña Deportiva, o xogador coruñés xa lle dixo ao club británico que ten intención de saír neste mercado de verán en busca de minutos ante a barreira que supón a renovación de Arsène Wenger.


E é que as aspiracións do dianteiro pasan por tentar convencer a Lopetegui de que merece un oco no combinado que xogue o próxmo Mundial, en Rusia. Un dos candidatos é o Dépor. Tanto o xogador como o club herculino deixaron sempre a porta aberta a volver compartir camiño e ambas as partes se ven como a primeira opción. Con todo o aspecto económico complica a operación.


Aínda que o Arsenal non vai poñer trabas para a saída do xogador, tampouco o vai regalar, polo que o destino de Lucas Pérez pode estar tamén lonxe da Coruña.


Ao parecer, o Sevilla xa empezou a tentear a posible incorporación do dianteiro polo que xa pelexou o verán pasado. Ten diñeiro e un posto na Champions, argumentos de peso para facerse con case calquera xogador.

relacionada Pepe Mel confirma que seguirá no banco do Dépor a próxima tempada
relacionada Tino Fernández: "Se non melloramos o tope salarial volveremos quedar de 16"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE