Álex Bergantiños sae cedido ao Sporting de Xixón

O capitán, experto en ascensos, reforzará o club asturiano na pelexa por volver a Primeira.


|

Alexbergantinhos 1Álex Bergantiños, nun adestramento.


O Dépor e o seu capitán, Álex Bergantiños, separan o seu camiño durante unha tempada, que o xogador coruñés xogará cedido no Sporting de Xixón. Este mediodía, o club herculino e Bergantiños asinaron a ampliación de contrato dun ano, que vincula ao capitán ata xuño de 2019.


Tras seis tempadas no Dépor, Bergantiños é un experto en ascensos, pois suma tres na súa conta particular e loitará polo cuarto. Unha vez máis, o xogador fai as maletas en busca de minutos.


Nunha nota publicada na súa web, o club "quere desexar a Álex Bergantiños toda a sorte do mundo nesta nova etapa profesional que vai afrontar en terras asturianas e, sobre todo, agradecerlle sinceramente a exemplar representación que exerceu para o Club en cada unha das súas aparicións, tanto deportivas coma institucionais".


Nas últimas semanas acumulou ofertas de equipos de Segunda que buscaban un seguro no mediocentro na pelexa por subir. 

relacionada Álex Bergantiños: "En dúas semanas fun máis mediático que en tres tempadas"
relacionada Bergantiños dá a cara: "Vai ser complicado gañar un partido de aquí ao final"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE