Bergantiños dá a cara: "Vai ser complicado gañar un partido de aquí ao final"

O capitán deportivista asume a fraxilidade do equipo e as críticas aos xogadores, á vez que agradece á bancada o comportamento durante o encontro.


|

BergantinhosalexdeporBergantiños, nun adestramento. //Fonte: RC Deportivo


O capitán deportivista compareceu ante os medios tras a pésima imaxe dada no partio contra o Real Madrid. Álex Bergantiños quixo empezar agradecendo á afección "o apoio durante o partido a pesar do resultado e do xogo que estaban a ver". Así, asume como "lóxico" que as críticas se dirixan aos xogadores.


Tamén recoñeceu que o equipo está pendente da salvación por demérito propio, argumentando que "a clasificación nunha liga é xusta, ponche no teu sitio". Así, insistiu en que "se non recuperamos a nosa mellor versión grupal vai ser complicado que gañemos un partido de aquí ao final. O equipo é fráxil e estase demostrando. Temos que recuperar o pico de intensidade de cando houbo o cambio de adestrador".


En toda a comparecencia, Bergantiños insistiu en que o fallo é grupal. "Todos nos xogamos cousas. E quizais iso sexa un erro, pensar que me estou xogando a tempada que vén e non que o Deportvo está a xogarse a permanencia", reflexionou. Para comentar que "esa é a mensaxe que eu persoalmente tento transmitir: quen se xoga todo é o Deportivo e non os xogadores, nin contratos, nin renovacións, nin despedimentos para a tempada que vén. Se se baixa a Segunda imos baixar todos e este grupo vai estar manchado por iso".

relacionada O Dépor recibe un baño dos suplentes do Madrid
relacionada O Dépor cae pola mínima en Anoeta sen apenas loitar
relacionada Pepe Mel: "O equipo corre moito, pero corre mal"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE