Oito adestramentos e seis amigables para non perder o tempo
O Dépor aumenta o ritmo da pretemporada. Os únicos descansos serán o mércores pola tarde e o domingo.
Sesión de adestramento do Dépor. //Foto: RC Deportivo
Semana intensa para as pernas dos xogadores do Dépor. O equipo enfróntase a un aumento do ritmo nesta pretemporada que para eles xa comezou a semana pasada.
Tal e como conta o club na súa web, entre este luns e o sábado sumarán oito sesións de adestramento en Abegondo e tres partidos amigables ante outros tantos equipos galegos de Terceira División.
O primeiro dos choques será en Vilalba o xoves, ante o Racing Villalbés, ás sete e media da tarde. O venres pola mañá volverán a Abegondo e outra vez pola tarde, amigable, esta vez en Vilagarcía, contra o Arousa.
O sábado será o último día de traballo para o equipo, con sesión de adestramento pola mañá no Mundo do Fútbol, en Abegondo, e partido pola tarde contra o Silva, no Campus Universitario de Elviña.
Escribe o teu comentario